RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Regreso en autocar toda a noite de Os Nosos e adestramento o luns 1 de decembro ás 10:30

Finalizado o encontro no Estadio Carlos Belmonte, cuxo resumo podes ver ao pé de páxina, Os Nosos regresan en autocar á Coruña nunha viaxe que se prolongará durante toda a noite.

Antonio Hidalgo citou de novo ao seu cadro o luns 1 de decembro no Dépor Training Center para unha sesión que arrincará ás 10.30 horas.

A próxima semana haberá Copa del Rey o xoves 4 ás 19:00 na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC e liga o domingo 7 de decembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ante o CD Castellón en ABANCA-RIAZOR.