Este luns, a partir das 8:00 da mañá, o Real Club Deportivo da Coruña, coa colaboración de Caixa Galicia, pon en funcionamento un servizo para que os socios poidan renovar o seu abono da tempada por teléfono dunha forma rápida, cómoda e sen esperas. O abo
O proceso é moi fácil. O abonado que desexa renovar o seu carné marca o número de teléfono 902 43 44 43 onde a operadora solicitaralle os datos do carné a renovar. Unha vez confirmados - nome, número de socio e localidade - solicitaralle os datos dun cartón bancario para efectuar o pago da renovación e informará ao abonado dos detalles da operación. Asímismo, solicitaralle que escolla a oficina de Caixa Galicia onde desexa recoller o seu carné xa renovado nun prazo máximo de 72 horas. Así de rápido e así de sinxelo.
O custo para o abonado é de tan só 90 céntimos, un importe simbólico se se ten en conta o servizo, o persoal, a infraestrutura necesaria e, sobre todo, a distribución do carné á oficina de Caixa Galicia onde o abonado indique.
En 72 horas na oficina de Caixa Galicia máis próxima ao teu domicilio ou ao teu lugar de traballo, onde ti indiques, en calquera oficina de Galicia, de España ou do estranxeiro. Cómodo, sen esperas e sen desprazarse. Renova o teu abono sen moverche de casa.
Esta é a primeira dunha serie de melloras nas que o Deportivo xa está a traballar, coa colaboración de Caixa Galicia, para pór en funcionamento novos servizos de atención aos socios e afeccionados en xeral.