O Dépor estreouse ante #ANOSAFORZA en LaLiga Hypermotion 2025-26 este domingo 24 de agosto cun empate sen goles (0-0) ante o Burgos CF.
Con este resultado, Os Nosos suman 4 puntos de 6 posibles, situados na zona media-alta da táboa.
Antonio Hidalgo subliñou que o equipo "fixo un gran esforzo. Xogar ás 5 da tarde con esta calor non é fácil para ningún dos dous equipos".
O partido tivo un especial significado posto que o Deportivo xogou coa camiseta de Galicia (terceiro equipamento), en lugar do tradicional branquiazul, en solidariedade pola catástrofe dos incendios que arrasaron Galicia e varias rexións de España.
Ademais, os futbolistas luciron un brazalete negro en recordo ás vítimas desta traxedia ambiental, humana e económica.
Os Nosos presentáronse ao choque rozando os 28.000 abonados, coa única baixa de Jose Ángel e co bo sabor de boca do triunfo por 1-3 da pasada fin de semana no Nuevo Los Cármenes ante un dos poderosos da categoría, o Granada CF.
Pola súa banda, o Burgos CF no que milita o ex deportivista Víctor Mollejo acabou como líder da categoría na 1ª xornada após a súa goleada por 5-1 á Cultural Leonesa no primeiro partido disputado en El Plantío.
Antonio Hidalgo dispuxo o mesmo once, co mesmo sistema, que arrincou a liga en Granada o pasado sábado 16 de agosto.
Empezou moi ben o Dépor o partido. "Tivemos 20, 25 minutos que fomos moi superiores ao rival, tendo ocasións clarísimas que nos puideron adiantar", indicou o técnico deportivista na sala de prensa.
Así, aos 2 minutos, Yeremay, que cumpriu 100 partidos coa camiseta deportivista, plantouse ante a meta Cantero e a súa vaselina estrélase no traveseiro.
Pouco despois, aos 11 minutos, Eddahchouri faise cun balón na frontal da área, faise oco entre o bosque de pernas burgaleses e dispara raso lamiendo o poste esquerdo.
No outro área, Morante empaló un balón raso que sacou Germán pegado ao pau dereito. Corría o minuto 19. O Burgos CF sacudiuse o dominio inicial deportivista e tentou achegarse á meta deportivista.
Aos poucos os casteláns plantaron unha telaraña diante da súa área e o Dépor apenas atopou espazos.
"Con esas dúas liñas de 4 deles custounos un pouco máis. Eles tiveron un tiro a portería. A partir de aí todo se igualou moitísimo", manifestou o adestrador do Dépor.
Con 0-0 chegouse ao descanso.
Após o paso polos vestiarios, o primeiro disparo a porta, aos 22 segundos, foi para o burgalés David G. A súa volea non colleu portería.
Ao minuto seguinte, Gragera non chega por pouco a unha falta lateral lanzada por Luismi Cruz.
Na área deportivista, I. Córdoba dispara mal no segundo pau, totalmente libre de marca.
En apenas 3 minutos sucedéronse as ocasións.
Antonio Hidalgo empezou a mover o banco. Ximo Navarro substituíu a Comas
"Tentámoslle dar un pouco máis de enerxía cos cambios e non puido ser", explicou o preparador branquiazul.
O Dépor pasou a defensa de 4 con Ximo Navarro, Loureiro, Barcia e Escudero.
Era mellor o Burgos CF neste tramo do partido, no que o Dépor afastouse da meta de Cantero.
Patiño e Mella saltaron ao campo por Villares e Luismi Cruz para dar un xiro ao xogo.
Yeremay, aos 66 minutos, probou unha vaselina imposible sobre Cantero.
Os cambios forneceron efecto e de novo o Dépor pasou a ter o mango do xogo ante un Burgos CF máis replegado.
Aos 80 minutos, Gragera probou fortuna desde a frontal da área. O seu chute raso marchouse fóra.
O Dépor quedou sen forzas, quizais debido á intensa calor, e os últimos minutos acabáronse na área deportivista.
"Un punto máis e iso é o importante", concluíu Antonio Hidalgo. "O resultado é xusto", opinou Luis Miguel Ramis, adestrador do Burgos CF.
Deportivo: Germán, Luismi Cruz (Mella, min. 63), Loureiro, Comas (Ximo Navarro, min. 55), Barcia, Escudero (Quagliata, min. 77), Gragera, Villares (Patiño, min. 63), Yeremay, Mario Soriano e Eddahchouri (Bouldini, min. 78)
Burgos CF: Cantero, Arroyo, Atienza, Grego S., Fer Niño (Mateo, min. 87), Miguel, David González (Chapela, min. 60), Curro (Lizancos, min. 77), A. Córdoba, I. Córdoba (Appin, min. 77) e Morante
Árbitro: José Antonio Sánchez, do comité andaluz. Amoestou a Comas (min. 15), David G. (min. 24) e Dani Barcia (min. 74)
Incidencias: partido correspondente á 2ª xornada en LaLiga Hypermotion disputado en ABANCA-RIAZOR ante 25.954 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria dos socios do RC Deportivo falecidos, con especial recordo a Julio García Bastida, presidente da peña deportivista de Caracas.
