RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con só un partido hoxe domingo, o do triunfo do San Tirso SD Cadete en Vigo

Hoxe domingo xogouse un único encontro en ANOSACANTEIRA, con motivo da visita do San Tirso SD Cadete ao Rápido de Bouzas no campo vigués Baltasar Pujales, resolto cun espectacular 5-6.

Os 'verdes' acaban a temporada na zona media da clasificación, cos deberes feitos desde hai varias semanas.

A atención onte sábado estivo no partido do Infantil en Vigo ante o UD Santa Mariña, correspondente á última xornada na División de Honra.

Os branquiazuis chegaba a esta cita con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta, que recibía no seu campo á mesma hora ao CD Areosa.

Aos deportivistas éralles suficiente un empate para ser campións, posto que o golaverage particular cos célticos estaba gañado.

Meu dito meu feito. O Infantil rabuñou un punto (2-2) que vale un título, outro máis para #ANOSACANTEIRA.

Ademais en Abegondo houbo derbi na División de Honra cadete (0-3) aínda que con todo decidido: o Dépor campión e o RC Celta subcampión.

Completou a xornada o partido do San Tirso SD Infantil na Coruña ante o Ural Español CF (5-3), sen nada en xogo.

Onte tamén tocou celebración para #ANOSACANTEIRA en ABANCA-RIAZOR no descanso do partido entre o Dépor e a Real Unión de Irún. Precisamente Rafael Louzán, Presidente da Federación Galega, aproveitou a rolda de prensa esta semana con motivo da presentación da Final de Campións de Primera RFEF para felicitar a #ANOSACANTEIRA "polos trofeos e títulos desta temporada".

Así, o Xuvenil A recolleu o título de campión da División de Honra; o Xuvenil B, da Liga Nacional; e o Cadete da División de Honra; e o Infantil, o citado tamén na División de Honra.

No campo Río Seco de Narón, tres equipos participaron na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8. O Alevín A e o Benxamín A (na foto da noticia) accederon como campións da Primera A Coruña mentres que o Fabril FC Benxamín, como 3º.

O Alevín A e o Benxamín A proclamáronse campións desta fase e acceden así á Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8.

Finalmente, o futbolista do Xuvenil A Amin Mustapha estivo concentrado até hoxe domingo coa selección de Marrocos sub-20 con motivo da disputa de dous amigables ante a República Democrática do Congo. O defensor do Xuvenil A xogou completos os dous partidos.

E as deportivistas Elena Vázquez, Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Yaiza García, Noelia Mayo, Laura Santos, e Emma Gandoy participaron en Madrid coa selección galega sub-17 na Fase de Oro do Campionato de España por autonomías. Hoxe domingo caeron con Madrid na final e son subcampioas de España.

Coa selección galega sub-15 proclamáronse campioas da Fase de Plata do Campionato de España as orzanistas Antía Veiga, Daniela Macedo e Claudia Sande.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Copa da Coruña Feminina, cuartos de final (mércores 22): SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 1 (Yanis Citoula)

Categoría cadete
División de Honra, 33ª xornada: CADETE 0 - RC CELTA 3
División de Honra, 33ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 5 - SAN TIRSO SD CADETE 6 (Borja -4-, Antón e Mauro)

Categoría infantil
División de Honra, 30ª xornada (última): UD SANTA MARIÑA 2 - INFANTIL 2 (Iago Varela e Daniel)
División de Honra, 30ª xornada (última): URAL ESPAÑOL CF 5 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Ferreiros e Gandarela -2-)

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 1 (Narón)
Sábado 25 de maio
Primeira Fase
CD LUGO 0 - ALEVÍN A 1 (David Gómez)
ALEVÍN A 4 (Iván Gil, Hugo Luaces, Martín López e Álvaro Gómez) - EF CARNOTA 0
ALEVÍN A 1 (Hugo Macedo) - CD CONXO SANTIAGO 0
BERTAMIRÁNS FC 1 - ALEVÍN A 3 (Manu Sande -2- e Rui Caamaño)

Final
ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez -2-) - CD CALASANZ 0

Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 2 (Narón)
Sábado 25 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Alberto Novo e Adrián Liñares) - ED XUVENTUDE DE OROSO 2
BERTAMIRÁNS FC 1 - BENXAMÍN A 2 (Mateo Cardelle e Álex Casado)
BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo -2- e Leo Lorenzo -2-) - FABRIL FC BENXAMÍN 0
XALLAS FC 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -2-, Adrián Liñares, Antón Fernández, Mateo Cardelle e Alberto Novo)

Final
BENXAMÍN A 3 (Leo Lorenzo -2- e Alberto Novo) - VICTORIA CF 0 

Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 2 (Narón)
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - BERTAMIRÁNS FC 1
XALLAS FC 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
DEPORTIVO 4 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Joel Losada, Nico Castro e César Leira) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

/* Bot imbee */