Dous partidos xóganse este domingo 7 de decembro en ANOSACANTEIRA.
O Fabril empatou (0-0) no campo Arsenio Iglesias co Marino de Luanco.
A semana foi especial para Samu, Íker Vidal, Damián Canedo, Quique Teijo, Fabi e Bil, que viaxaron co primeiro equipo a Sabadell para a Copa del Rey.
Samu, Damián Canedo e Bil debutaron co Dépor en partido oficial nun encontro no que tamén Fabi foi titular.
Reapareceron Mane e Noé, con minutos na segunda metade.
Manuel Pablo viu "algo falto de claridade" ao seu equipo ante un rival que defendeu durante moitos minutos en bloque moi baixo.
Completou a xornada dominical o triunfo do Xuvenil B (na foto principal da noticia) por 6-2 ante o CD Choco.
Sen competición esta fin de semana os dous equipos cadetes e o San Tirso SD Infantil, o único partido oficial este sábado 6 foi a visita do Xuvenil A ao Real Racing Club en Santa Cruz de Bezana.
Os branquiazuis golearon por 0-4 aos cántabros e suman 25 puntos no grupo de cabeza da División de Honra.
Foi titular Nico Balbas após o seu paso polo Mundial sub-17 con Honduras.
O pasado venres, o Infantil impúxose por 2-0 ao RC Celta en #ONOSDERBI da División de Honra correspondente á 9ª xornada que foi aprazado no seu día.
Decidiron os goles de Julen e Santi Durán.
Con este resultado, os branquiazuis consolidan o liderado con 33 puntos por 27 os seus inmediatos perseguidores, RC Celta e ED Val Miñor Nigrán.
Para este venres 5 tamén quedou o encontro do Fabril FC Benxamín, que superou (7-1) no Dépor Training Center ao Sporting Cambre.
O Alevín A e os dous equipos benxamíns adiantaron os seus partidos ligueiros na Primera Futgal A Coruña debido á súa participacion a fin de semana nos torneos da SD Amorebieta, Cantabria Infinita en Torrelavega e Tucho de la Torre en Marín.
O pasado xoves 4 de novembro o Alevín A venceu ao Betanzos CF (0-5) e o Benxamín A ao Atlético Arteixo (0-12).
O partido entre o Fabril FC Alevín e a UD Carral, previsto tamén para este xoves, foi suspendido até nova data por determinar.
E o Alevín A, que este luns 8 xoga o Torneo Cantabria Infinita en Torrelavega, acabou en cuarta posición da Amorebieta Etxano Cup en Txolon.
Pola súa banda, o Fabril FC Alevín foi o vencedor do Torneo Tucho de la Torre mentres que o Benxamín A acabou en 3ª posición. Neste trofeo, o Fabril FC Benxamín adxudicouse a Fase de Plata.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
14ª xornada: FABRIL 0 - MARINO DE LUANCO 0
Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: REAL RACING CLUB 0 - XUVENIL A 4 (Nico Balbas, Lucas Castro, Trillo e Íker Gil)
Liga Nacional, 14ª xornada: XUVENIL B 6 (Roi, Nico -2- e Elías -3-) - CD CHOCO 2
Categoría infantil
División de Honra, 9ª xornada: INFANTIL 2 (Julen Díaz e Santi Durán) - RC CELTA 0
Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada (xoves 4): BETANZOS CF 0 - ALEVÍN A 5 (Adrián Míguez -2-, Antón Fernández, Saúl Cancela e Álex Casado)
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - UD CARRAL, aprazado
XXI Amorebieta Etxano Cup en Txolon
Domingo 7 de decembro
Primera Fase
ALEVÍN A 1 (Andrés Valencia) - SD AMOREBIETA 0
ALEVÍN A 0 - ATHLETIC CLUB 2
ALEVÍN A 1 (Saúl Cancela) - ATLÉTICO DE MADRID 0
Cuartos de final
GIRONDINS DE BORDEAUX 2 - ALEVÍN A 2 (Jorge Víboras e Enzo Fernández). A penaltis: 2-3
Semifinais
ALEVÍN A 1 (Jorge Víboras) - ATHLETIC GIPUZKOA 1. A penaltis: 2-3
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 0 - DEPORTIVO ALAVÉS 3
X Torneo Cantabria Infinita
Luns 8 de decembro
Primera Fase, en Tanos
10:00: ALEVÍN A - SD SOLARES
12:00: ALEVÍN A - DONOSTIA AK
13:30: ALEVÍN A - CD SANTURTZI
En función a clasificación, os equipos pasan a continuación á seguinte fase
Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
AD VILA DO CORPUS 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo Galbán, Nico Castro e Marco Dios)
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - FC PORTO 0
VITÓRIA SC 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - RACING DE FERROL 0
Domingo 7 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 3 - PABELLÓN OURENSE CF 0
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Gael Fernández, Nico Castro e Leo Galbán) - SPORTING CP 3. A penaltis: 4-3
Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 0 - FC PORTO 0. A penaltis: 16-15
Final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - VITÓRIA SC 0
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada (xoves 4): ATLÉTICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -4-, Hugo Cancela -3-, Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos -2- Fabio Álvarez e Ian Lata)
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Jaime Fraga -2-, Tomás Lorenzo, Milan Songo'ou, Anxo Fernández, Álex Martínez e Diego Freire) - SPORTING CAMBRE 1
Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
AD VILA DO CORPUS 0 - BENXAMÍN A 5 (Xosé Varela -2-, Mateo Ramos, Tomás Sánchez e Leo Díaz)
BENXAMÍN A 1 (Xosé Varela) - FC PORTO 0
VITÓRIA SC 0 - BENXAMÍN A 2 (Pablo Campanero -2-)
BENXAMÍN A 4 (Pablo Campanero, Manu López, Tomás Sánchez e Hugo Rey) - SPORTING DE GIJÓN 2
Domingo 7 de decembro
BENXAMÍN A 5 (Hugo Cancela -2-, Ian Lata, Mateo Ramos e Xosé Varela) - PABELLÓN OURENSE CF 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Pablo Campanero -2- e Tomás Sánchez) - SC BRAGA 2
Semifinais
BENXAMÍN A 0 - REAL OVIEDO 1
Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN 2 (Tomás Sánchez e Manu López) - RC CELTA 1
Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izán Mallón e Álex Martínez) - SC BRAGA 4
EF VILA DE MARÍN 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Bruno Gómez)
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Jaime Fraga) - RC CELTA 3
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING CP 3
Domingo 7 de decembro
REAL OVIEDO 4 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
Fase de Plata
Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Juan Crujeiras) - SPORTING DE GIJÓN 0
Final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Bruno Gómez) - AD VILA DO CORPUS 0
