RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo con empate do Fabril e triunfo do Xuvenil A

A xornada da fin de semana en ANOSACANTEIRA tivo ao partido do Fabril en Villaviciosa, este domingo 19 ante o CD Lealtad, o seu prato forte.

O choque, espeso en ataque, acabou sen goles e os fabrilistas lideran en solitario o grupo 1º de Segunda Federación con 19 puntos.

Tamén este domingo 19, o Xuvenil A venceu por 0-1 na localidade cántabra de Medio Cudeyo á SD Solares. 

Os pupilos de Miguel Figueira suman 10 puntos na 2ª posición da División de Honra, a 3 do liderado.

Onte sábado 18 xogáronse o resto de partidos.

En casa tiveron cita o Xuvenil B ante o Ural Español CF (5-2); o San Tirso SD Cadete ante o Coruxo FC (0-2); o Fabril FC Alevín ante o UD Xuvenil Almeiras (11-0); e o Fabril FC Benxamín ante o UD Carral (10-1).

Fóra competiron o Cadete e Infantil en Pontevedra (0-3 e 0-6 respectivamente); o San Tirso SD Infantil ante o CD Calasanz (1-1); e o Benxamín A ante o Atlético Coruña Montañeros CF (0-7).

Precisamente o central coruñés do San Tirso SD Cadete, Antón Vilariño, foi convocado pola selección española sub-15 para dous amigables ante Irlanda a finais do mes de outubro en Alfaz del Pi (Alacante).

Así mesmo, os cadetes deportivistas Anxo Castro, Nico Giovanni, Nikokay Georgiev, Raúl Lema e Yerobe Mahugo; ademais de Julen López, Antón Vilariño, Carlos Ernau e Hugo Ferreirós, do San Tirso SD Cadete enfrontáronse este mércores nun amigable da selección galega sub-16 ao CD Conxo Santiago no campo de O Doce na Escravitude.

E os infantís branquiazuis Aritz Fernández, Enzo Pose, Hugo Macedo, Iván Gil e Julen Díaz; con Martín Brandón e Xiao Fontao, do San Tirso SD Infantil, medíronse coa selección galega sub-14 á SD Compostela tamén no campo de O Doce, na Escravitude.

Finalmente, o Alevín A disputará o seu partido de liga desta xornada ante o Atlético Arteixo o martes 21 posto que o conxunto branquiazul participou no torneo KHS Tournament Malta, no que acabou nunha brillante segunda praza (na foto principal da noticia).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
7ª xornada: CD LEALTAD DE VILLAVICIOSA 0 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 5ª xornada: SD SOLARES-MEDIO CUDEYO 0 - XUVENIL A 1 (Íker Gil)

Liga Nacional, 7ª xornada: XUVENIL B 5 (Sabino, Elías, Antón, Roi e Pablo Crespo) - URAL ESPAÑOL CF 2

Categoría cadete
División de Honra, 6ª xornada: PONTEVEDRA CF 0 - CADETE 3 (Picallo e Jurgen -2-)
División de Honra, 6ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - CORUXO FC 2

Categoría infantil
División de Honra, 6ª xornada: PONTEVEDRA CF 0 - INFANTIL 6 (Aritz, Hugo Macedo, Álvaro Gómez -2- e Gael -2-)
División de Honra, 6ª xornada: CD CALASANZ 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Mateo Cortizas)

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 4ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - ALEVÍN A, o martes 21 de outubro ás 19:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Primera Futgal A Coruña, 4ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 11 (Leo Galbán -3-, Nico Mariño -2-, César Leira -2-, Pablo Gómez -2-, Martín Martelo e Martín Coronel) - UD JUVENIL ALMEIRAS 0

KHS Tournament Malta no GF Abela - Junior College
Primera Fase
Sábado 18 de outubro
FGURA UNITED FC 0 - ALEVÍN A 5 (Diego Castelo -2- e Enzo Fernández -3-)
PIETA HOTSPURS 0 - ALEVÍN A 4 (Enzo Fernández -2-, Adrián Míguez e Saúl Cancela)
ALEVÍN A 0 - BALTIJOS FA 2
MOSTA 1 - ALEVÍN A 1 (Enzo Fernández)

Fase polo Título
Domingo 19 de outubro
OLYMPIAKOS 0 - ALEVÍN A 1 (Enzo Fernández)
ALEVÍN A 2 (Diego Castelo e Alberto Novo) - VALLETA 0
ZEMUM FC 0 - ALEVÍN A 2 (Enzo Fernández e Ares Navarro)
ALEVÍN A 0 - BALTIJOS FABRIL 0. A penaltis: 2-1
SL BENFICA 2 - ALEVÍN A 0

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 4ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - BENXAMÍN A 7 (Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela -2- e Ian Lata)
Primera Futgal A Coruña, 4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Jaime Fraga -2-, Izan Mallón -2-, Álex Martínez -2-, Juan Crujeiras -2-, Anxo Fernández e Diego Freire) - UD CARRAL 1