RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA, con goleadas de Fabril e Xuvenil A para arrincar o 2026

Este domingo 4 de xaneiro retomaron a competición ligueira con goleadas o Fabril e o Xuvenil A.

Os fabrilistas, campións de inverno en Segunda Federación ao acabar a primeira volta no liderado, venceron por 0-4 ao Real Valladolid Promesas nos campos Anexos ao Estadio José Zorrilla.

Domínguez -2-, Nájera e Dani Estévez foron os goleadores fabrilistas.

Foi baixa por lesión Damián Canedo; por sanción, Vilela; e por estar co primeiro equipo Bil.

Por contra, foron titulares Noé, Quique Teijo e Samu, todos eles en dinámica do primeiro equipo nas últimas semanas.

No Dépor Training Center, o Xuvenil A superou por 5-0 ao ED Val Miñor Nigrán. 

Con este resultado, os branquiazuis son segundos na clasificación da División de Honra con 34 puntos, a 2 do líder, o RC Celta.

O once inicial de Miguel Figueira luciu unha camiseta de apoio a José Rey, lesionado.

A fin de semana tamén foi intenso en torneos amigables para o resto de equipos de #ANOSACANTEIRA.

O Benxamín A foi campéon da Panda Winter Cup en Alfaz del Pi, competición na que foi subcampión o Alevín A.

Este sábado, o Fabril FC Alevín adxudicouse a medalla de prata do Trofeo Epifanio Campo en Ordes; mentres que en Monforte, o Infantil caeu en semifinais da Calasancio Cup e o San Tirso Infantil logrou o subcampeonato da Fase de Prata.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
17ª xornada: REAL VALLADOLID PROMESAS 0 - FABRIL 4 (Domínguez -2-, Nájera e Dani Estévez)

Categoría xuvenil
15ª xornada: XUVENIL A 5 (Miguel de Labra -2-, Leandro, Lucas Castro e Dani) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Categoría infantil
Amigable: ATLÉTICO ARTEIXO (categoría cadete) 0 - INFANTIL 6 (Jorge Méndez -2-, David Gómez -2-, Santi e Manu Sande)

II Calasancio Cup, en Monforte de Lemos
Sábado 3 de xaneiro
Primera Fase
CP CALASANCIO 0 - INFANTIL 2 (Jorge Méndez e Austin)
INFANTIL 0 - SC BRAGA 3
INFANTIL 3 (Jorge Méndez, Gael e Austin) - RAYO 21 CF 0

Oitavos de final
INFANTIL 1 (Santi) - CD CALASANZ 0

Cuartos de final
INFANTIL 2 (Austin e Julen) - REAL OVIEDO 2. A penaltis: 4-2

Semifinal
INFANTIL 0 - SC BRAGA 1

II Calasancio Cup, en Monforte de Lemos
Sábado 3 de xaneiro
Primera Fase
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Hugo Álvarez) - CD LUGO 3
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - PONTEVEDRA CF 1
REAL OVIEDO 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Fase Plata
Semifinal
CP CALASANCIO 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Lucas Albor). A penaltis: 5-6

Final
URAL ESPAÑOL CF 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Categoría alevín
Panda Winter Cup, en Alfaz del Pi (Alacante)
Primera Fase
Venres 2 de xaneiro
ALEVÍN A 4 (Adrián Míguez -2-, Leo Lorenzo e Ares Navarro) - ELITE FOOTBALL PERFOMANCE 1

Sábado 3 de xaneiro
ALEVÍN A 2 (Adrián Freire e Leo Lorenzo) - LACROSS BABEL CF 2
ACADEMIA NEXTGEN 0 - ALEVÍN A 4 (Antón Fernández, Diego Castelo, Adrián Liñares e Saúl Cancela)

Oitavos de final
ALEVÍN A 6 (Saúl Cancela -3-, Enzo Fernández, Alberto Novo e Leo Lorenzo) - CF ALFAZ DEL PI 0

Domingo 4 de xaneiro
Cuartos de final
ALEVÍN A 4 (Leo Lorenzo, Enzo Fernández, Alberto Novo e Yago Espasandín) - INTERFUTUR PERFOMANCE GROUP 0

Semifinais
ALEVÍN A 0 - LACROSS BABEL CF 0. A penaltis: 3-2

Final
ALEVÍN A 0 - ELCHE CF 3

Torneo Epifanio Campo, no campo de Vista Alegre (Ordes)
Sábado 3 de xaneiro
Primera Fase
FABRIL FC ALEVÍN 0 - AJ LÉREZ 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Gómez) - RACING DE FERROL 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Manu Parada e Martín Martelo) - SD VILLESTRO 0
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Manu Parada -2-, Brais Iglesias, Nico Castro e Mateo Pastorín) - SD ACEA DE AMA 0

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Brais Iglesias -2-, Manu Parada, Martín Martelo, Joel Losada e Mateo Pastorín) - VILLALONGA FC 0

Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Leo Galbán) - SC BRAGA 0

Final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2

Categoría benxamín
Panda Winter Cup, en Alfaz del Pi (Alacante)
Primera Fase
Venres 2 de xaneiro
BENXAMÍN A 5 (Mateo Ramos -2-, Nico Mariño, Xosé Varela e Hugo Cancela) - FUT. TALENT MALLORCA 0

Sábado 3 de xaneiro
PRESS ACADEMY 0 - BENXAMÍN A 3 (Tomás Sánchez, Ian Lata e Hugo Cancela)
UD CALPE 0 - BENXAMÍN A 6 (Pablo Campanero -2-, Hugo Cancela -2- e Xosé Varela)
BENXAMÍN A 5 (Ian Lata -2-, Tomás Sánchez, Nico Mariño e Xosé Varela) - ELITE FOOTBALL PERFOMANCE 0

Domingo 4 de xaneiro
Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Hugo Cancela -3-, Pablo Campanero -3- e Ian Lata) - CATARROJA CF 1

Semifinais
BENXAMÍN A 3 (Hugo Cancela -2- e Pablo Campanero) - FUT. TALENT MALLORCA 1

Final
BENXAMÍN A 4 (Pablo Campanero, Tomás Sánchez -2- e Hugo Cancela) - ELCHE CF 1