RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA, con táboas en ONOSODERBI cadete de Vigo; e calendario deste domingo, co Fabril ás 12:00 no Dépor Training Center

ANOSACANTEIRA vive a última semana de competición no ano 2025.

Destaca o partido do Fabril ante o Real Ávila CF o domingo 21 de decembro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias do Dépor Training Center.

Os fabrilistas preséntanse ante #ANOSAFORZA despois dun gran triunfo por 1-2 en Los Pajaritos ante un dos aspirantes ao título, o CD Numancia de Soria.

Suman 28 puntos por 26 os abulenses.

Todo son boas noticias no filial, que ve como un dos seus futbolistas, Noé, meteu ao primeiro equipo en oitavos de final da Copa del Rey co seu gol ante o RCD Mallorca.

O atacante santiagués foi o sexto canteirán que debutou esta temporada no Dépor, após Pablo García, Fabi, Bil, Damián Canedo e Samu, concentrado coa selección española en Xapón.

O Club activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completa a xornada do domingo a visita do Xuvenil A ao Atlético Coruña Montañeros CF na División de Honra, na Grela 1 a partir das 18:15 horas.

O sábado 20 xogouse o resto da xornada, onde destacou #ONOSODERBI na División de Honra cadete entre o RC Celta e o Dépor na Madroa.

Houbo empate a 2 goles e os branquiazuis manteñen a súa vantaxe de 4 puntos á fronte da táboa.

Tamén o sábado o Xuvenil B (na foto principal da noticia) goleou no Dépor Training Center ao ED Val Miñor Nigrán B (5-0) e o San Tirso SD Infantil caeu co RC Celta no Monte (0-5).

Fóra de casa, ademais do citado encontro do Cadete en Vigo, o San Tirso SD Cadete sumou un punto en Santa Isabel ante a SD Compostela (2-2), o Infantil superou ao Victoria CF no campo Víctor Fernández Alonso (0-11), o Alevín igualou co ED Luis Calvo Sanz nas Eiroas (0-0) e o Benxamín A superou ao Santa Cruz CF no campo Leonardo Maceiras de Os Regos (0-9).

Xogaron na Torre o Fabril FC Alevín ante o Atlético Arteixo (5-1) e o Fabril FC Benxamín ante o Atlético Coruña Montañeros CF (2-3).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
16ª xornada: FABRIL - REAL ÁVILA CF, o domingo 21 de decembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL A, o domingo 21 de decembro ás 18:15 na Grela 1

Liga Nacional, 16ª xornada: XUVENIL B 5 (Elías -3-, Rubén e Pablo Crespo) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B 0

Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: RC CELTA 2 - CADETE 2 (Iago Varela e Nico Giovanni)
División de Honra, 13ª xornada: SD COMPOSTELA 2 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Hugo Ferreirós e Carlos Crespo)

Categoría infantil
División de Honra, 13ª xornada: VICTORIA CF 0 - INFANTIL 11 (Álvaro Gómez -2-, David Gómez, Santi Durán -4-, Aritz, Gael, Jaime e Julen)
División de Honra, 13ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - RC CELTA 5

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 0 - ALEVÍN 0
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 5 (Manu Parada, Nico Castro, Marco Dios, Leo Galván e Martín Coronel) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada: SANTA CRUZ CF 0 - BENXAMÍN A 9 (Hugo Cancela -4-, Mateo Ramos -2-, Fabio Álvarez, Tomás Sánchez e Hugo Rey)
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Álex Martínez e Jaime Fraga) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 3