RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo, con cita en Calo e en As Pontes

Este domingo 21 de decembro xóganse os últimos encontros do ano en ANOSACANTEIRA feminina

O Orzán SD Xuvenil mídese en Rebordelo ao SR Calo (18:15) e o Orzán SD Infantil A ao CD As Pontes en O Poboado (12:00).

Para este sábado 20 quedaron outros 2 encontros: o Orzán SD Cadete en Narón (1-4) e o Orzán SD Infantil B ante o UC Cee (3-3).

O encontro da Tercera Federación entre o Orzán SD Sub-21 e o RC Celta B este venres 19 de decembro no Dépor Training Center abriu o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina, na última xornada do ano 2025.

As orzanistas caeron por 1-2 nun partido que se puxo costa arriba con 2 goles visitantes nos primeiros 6 minutos.

Carmen Couto, aos 20 minutos, recortou diferencias pero o marcador xa non se movería.

Con este resultado, o Orzán SD Sub-21 queda con 14 puntos na 8ª posición da táboa.

Ten xa descanso o Deportivo ABANCA B, que concluíu o ano en 9ª posición de Segunda Federación con 14 puntos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
12ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 1 (Carmen Couto) - RC CELTA B 2

Primera Autonómica
12ª xornada: SR CALO - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 21 de decembro ás 18:15 no Municipal de Rebordelo

Liga Galega cadete
10ª xornada: CD NARÓN 1 - ORZÁN SD CADETE 4 (Lola Freire -2-, Daniela Barbanzán e Telma García)

Liga Galega infantil
10ª xornada: CD AS PONTES - ORZÁN SD INFANTIL A, o domingo 21 de decembro ás 12:00 en O Poboado

10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Sasha Abigail e Claudia García -2-) - UC CEE 3