
CANTERA · 7 MARZO 2026
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON VALIOSO EMPATE DO DÉPOR ABANCA B EN LEZAMA; E CALENDARIO DESTE DOMINGO, CON CITA PARA O ORZÁN SD XUVENIL NA TORRE
O partido do Deportivo ABANCA B foi o partido destacado este sábado 7 de marzo en ANOSACANTEIRA feminina.O filial deportivista freou en Lezama (2-2) ao líder do grupo 1º da Segunda Federación, o Athletic Club B.O técnico branquiazul Brais Pombo contou cos reforzos de Lucía Rivas, Paula Novo, Redru e Carmen Carballada, futbolistas en dinámica do primeiro equipo que competeron co B esta fin de semana.Foi baixa Michi Apóstol, que regresou da concentración da selección venezolana cunha fractura de clavícula, da que será operada nos próximos días no Hospital Quirónsalud A Coruña.Karla Bermejo anotou os 2 goles branquiazuis e xa suma 5 en 5 partidos xogados, nun deles tan só 10 minutos.Ese mesmo sábado tamén xogou o Orzán SD Cadete en Lugo ante o SCD Milagrosa (1-0) e o Orzán SD Infantil B en Santigo ante o Victoria FC (2-0).Para o domingo 8 queda o choque do Orzán SD Xuvenil na Torre (18:00) fronte ao Atlético Villalonga FF B, correspondente á 21ª xornada da Primera Autonómica.Finalmente toca descanso ao Orzán SD Infantil A no grupo 1º da Liga Galega.A fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina arrincou este venres 6 de marzo en Friol.No campo da Reigosa, o Orzán SD Sub-21 caeu 2-0 co PM Friol en partido correspondente á 18ª xornada en Tercera Federación.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación20ª xornada: ATHLETIC CLUB B 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Karla Bermejo -2-)Tercera Federación18ª xornada: PM FRIOL 2 - ORZÁN SD SUB-21 0Primera Autonómica21ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - ATLÉTICO VILLALONGA FF B, o domingo 8 de marzo ás 18:00 na Torre (campo 2)Liga Galega cadete19ª xornada: SCD MILAGROSA 1 - ORZÁN SD CADETE 0Liga Galega infantilGrupo 2º, 18ª xornada: VICTORIA FC 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 0

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...