RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, cun balance hoxe domingo de 4 triunfos e 1 empate

Todos os partidos de ANOSACANTEIRA feminina disputáronse hoxe domingo 19 de xaneiro.

O partido estrela foi o do Deportivo ABANCA B, que se impuxo por 0-3 ao Victoria FC de Santiago con goles de Paula Novo, Anfal El Yamani e unha futbolista local en propia meta.

O filial marcha na cabeza de Tercera Federación con 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico de León.

En Primera Autonómica o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) venceu ao Umia CF (0-2) e segue así na pelexa polo liderado; e o Orzán SD Xuvenil de Segunda Autonómica empatou na Torre (1-1) co UD Carral.

E en infantís o Orzán SD Infantil A (na foto inferior) superou no campo da Gándara ao Racing de Ferrol (1-3) mentres que o Orzán SD Infantil B ao Torre SD nos campos da Torre (0-3). 

Finalmente tocoulle descanso nesta xornada ao Orzán SD Cadete na Liga Galega. 

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
17ª xornada: VICTORIA FC 0 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Paula Novo, Alfal El Yamani e unha futbolista rival en propia meta)

Primera Autonómica
16ª xornada: UMIA CF 0 - ORZÁN SD SUB-21 2 (Daniela Macedo e Antía Brage)

Segunda Autonómica
16ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Sofía Rodríguez) - UD CARRAL 1

Liga Galega infantil
12ª xornada: RACING DE FERROL 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 3 (Carolina Lago, Lara Vázquez e unha futbolista rival en propia meta)
12ª xornada: TORRE SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Bianca Ventureira, Carolina González e unha futbolista rival en propia meta)