RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina e calendario para hoxe domingo, con 2 partidos ás 16:00 en La Torre

A xornada en ANOSACANTEIRA feminina conclúe hoxe domingo 27 ás 16:00 na Torre cos partidos do Orzán SD Sub-21, líder da Primera Autonómica, ante o Victoria FC B; e o do Orzán SD Xuvenil ante o Orillamar SD.

Onte sábado #ONOSODERBI entre o Dépor ABANCA B e o RC Celta (1-1) no campo principal de Abegondo foi o partido estrela da fin de semana.

As branquiazuis encararon o choque con até 6 baixas entre lesións e convocatorias de seleccións. Así, non estiveron as internacionais Elena Vázquez, Michi Apóstol e Dunia Dahmouni.

Así mesmo, foron baixa por lesión Uxía López, Marta Rico e Lucía Rivas.

Ademais deste encontro que acaparou a atención do fútbol feminino galego, xogáronse outros 3 partidos en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Cadete venceu ao Sporting Burgo (0-11); e xogaron como locais o Orzán SD Infantil A na Torre ante o Santa Cruz CF (10-0) e o Orzán SD Infantil B fronte ao Silva SD (1-0).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Anfal El Yamani) - RC CELTA 1

Primera Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - VICTORIA FC B, este domingo 27 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - ORILLAMAR SD, este domingo 27 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete
5ª xornada: SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD CADETE 11 (Martina Santamarina -3-, Ángela Cotelo -2-, Carla Álvarez -3-, Carmen Couto, Antía Losada e Lola Freire)

Liga Galega infantil
5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Telma García, Carolina Lago, Alba García -3-, Amaia Sanjurjo, Helen Vega, Valentina Fernández e Rosalía Valencia -2-) - SANTA CRUZ CF 0
5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Nerea Cruz) - SILVA SD 0