RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA hoxe sábado, con empate do Fabril; e calendario de mañá domingo

Mañá domingo 23 de febreiro xóganse 3 partidos en #ANOSACANTEIRA:

En Abegondo o Xuvenil A, líder provisional da División de Honra, mídese ao Veriña CF (16:45).

Fóra de casa compiten os dous equipos cadetes: o Dépor en Pontevedra ante o Salgueiriños CF (12:30) e o San Tirso SD Cadete en Vigo ante o Coruxo FC (12:00).

Hoxe sábado 22, o Fabril sumou un punto ao igualar (0-1) co Marino de Luanco na Cidade Deportiva.

O filial dispuxo de ocasións para marcar aínda que os asturianos tamén puxeron en apertos a Alberto nalgunha que outra oportunidade.

Ademais dos alevíns e os benxamíns na Torre, tamén xogou en Abegondo o Xuvenil B ante o Alondras CF (4-1) e no Monte o San Tirso SD Infantil ante o Pabellón Ourense CF (3-0).

Fóra de casa, en Nigrán, competiu o Infantil, que defendeu con éxito o liderado na División de Honra.

Esta semana toca descanso ao Fabril FC Alevín no grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
24ª xornada: FABRIL 0 - MARINO DE LUANCO 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: XUVENIL A - VERIÑA CF, mañá domingo 23 de febreiro ás 16:45 en Abegondo

Liga Nacional, 22ª xornada: XUVENIL B 4 (Gael -2- e Xian -2-) - ALONDRAS CF 1

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: SALGUEIRIÑOS CF - CADETE, mañá domingo 23 de febreiro ás 12:30 no campo de Agüeiros (Campaño)
División de Honra, 21ª xornada: CORUXO FC - SAN TIRSO SD CADETE, mañá domingo 23 de febreiro ás 12:00 en Fragoselo (Coruxo, Vigo)

Categoría infantil
División de Honra, 19ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - INFANTIL 3 (Thiago Montes, Íker Obeso e Leo Sánchez)
División de Honra, 19ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Mario González, Izan Naveira e Carlos Crespo) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Categoría alevín
Primira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: VICTORIA CF 2 - ALEVÍN A 2 (Mateo Cortizas e Alejandro Astray)

Categoría benxamín
Amigable (martes 18 de febreiro): BENXAMÍN A 2 (Pablo Couso e Leo Galbán) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (alevín) 1
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - BENXAMÍN A 7 (Leo Galbán -2-, Pablo Couso, Martín Martelo, Pablo Gómez, Nico Castro e Joel Losada)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Ian Lata, Fabio Álvarez, Xosé Varela e Tomás Sánchez) - VICTORIA CF 1