RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario de mañá domingo, cos filiais pola tarde en Abegondo

A xornada de mañá domingo 14 de abril en #ANOSACANTEIRA está marcada polos partidos dos dous filiais, pola tarde en Abegondo.

O Fabril de Segunda Federación mídese a partir das 17:00 (Youtube RC Deportivo) ao CD Guijuelo, un dos aspirantes aos postos de play off de ascenso.

Será baixa Jairo, que viu dobre cartón amarelo a pasada fin de semana ante o CD Cayón; do mesmo xeito que os lesionados Vilán e Martín Ochoa, este con unha lesión muscular no recto anterior da súa perna esquerda.

Óscar Gilsanz, que recupera a Lache, asegurou ante os medios que o seu equipo está xa "co ánimo recuperado" despois da derrota da pasada fin de semana na súa visita ao CD Cayón.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar un asento e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Media hora antes, ás 16:30, o Dépor ABANCA B, 2º clasificado en Tercera Federación FutFem, mídese ao Olímpico de León (3º).

No filial é baixa Michi Apóstol, que disputa con Venezuela o Campionato Suramericano sub-20 que arrincou onte en Guayaquil (Ecuador).

Entrou na convocatoria Lucía Rivas, que xogou os últimos 20 minutos do partido do primeiro equipo en Lezama.

Óscar Orro citou tamén a: Martina Rivas, Lucía Mariño, Celia Sousa, Uxía López, Paula Novo, Sara Cercido, Macarena González, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Laura Testa, Laura Otero e Noela; ademáis de Yaiza García, Noelia Mayo e Laura Santos, xuvenís do Orzán SD.

As branquiazuis Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; xunto ás orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy Laura Santos e Noelia Mayo estiveron nun adestramento coa selección galega sub-17 o pasado mércores 10 de abril no campo da Braña en Rois.

Ademais, o Xuvenil B buscará dar outro paso cara ao título ás 12:00 no campo Manolo Barreiro de Pontevedra ante o AJ Lérez.

A xornada dominical ábreo en Abegondo o Alevín, colíder do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 empatado a puntos co CD Lugo. Os branquiazuis reciben ás 12:00 ao CD Calasanz, 3º con 1 punto menos.

Como é habitual, os 'orzanes' porán o punto e final ao fin de semana: o Orzán SD Xuvenil Femenino en San Pedro de Visma ante o Victoria CF B (18:00), o Orzán SD B sub-16 Femenino na Torre ante o SE Abellá SDEC (18:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino en Os Regos (11:45) ante o AD Cristo Rey.

Hoxe sábado 13 de abril disputáronse 9 partidos con representación deportivista.

En Abegondo, pola mañá o Cadete venceu ao Racing de Ferrol (4-1); e pola tarde o Xuvenil A, na pelexa polo título da División de Honra, ao CD Lugo (1-0) cun gol de Noé no minuto 82.

Os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; con Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete xogaron o pasado martes 9 de abril un amigable coa selección galega sub-16 ante o RC Celta de Liga Nacional xuvenil.

Tamén como locais o Orzán SD Cadete Femenino enfrontouse ao Bergantiños CF (7-0), o San Tirso SD Infantil ao Pabellón Ourense CF (1-2), o Fabril FC Alevín ao ED Luis Calvo Sanz (8-2) e o Fabril FC Benxamín ao Victoria CF (0-2).

As orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo participaron coa selección galega sub-15 nun adestramento o pasado mércores 10 de abril no campo da Braña (Rois).

Fóra de casa o Orzán SD Infantil A Femenino mediuse ao Antas SD (1-9), o San Tirso SD Cadete ao Ural Español CF (0-0) e o Benxamín Á o ED Luis Calvo Sanz (1-9).

A xornada abrírona onte venres dous partidos.

En Abegondo, o Infantil, líder destacado da División de Honra, venceu en Abegondo (5-0) ao Bertamiráns FC.

Os infantís deportivistas Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil xogaron coa selección galega sub-14 un amigable o pasado martes 9 de abril na Madroa ante o RC Celta de Liga Galega cadete.

E no Monte, o Alevín A, á fronte da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, impúxose (0-2) ao San Tirso SD.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 26ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - OLÍMPICO DE LEÓN, mañá domingo 14 de abril ás 16:30 en Abegondo

Primera Autonómica, 25ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, mañá domingo 14 de abril ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 2)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 25ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SE ABELLÁ SDEC, mañá domingo 14 de abril ás 18:00 na Torre (campo 2)

Liga Galega, subgrupo 1º, 25ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 7 (Daniela Macedo -4-, Candela González, Sofía Rodríguez e Sofía Milhem) - BERGANTIÑOS CF 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 25ª xornada: ANTAS SD 1 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 9 (Uxía Fariña, Marta Moreno -4-, Claudia Sande -3- e Martina Vázquez)
Liga Galega, subgrupo 1º, 25ª xornada: AD CRISTO REY - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, mañá domingo 14 de abril ás 11:45 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos, Oleiros)

Segunda Federación
31ª xornada: FABRIL - CD GUIJUELO, mañá domingo 14 de abril ás 17:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: XUVENIL A 1 (Noé) - CD LUGO 0

Liga Nacional, 29ª xornada: AJ LÉREZ - XUVENIL B, mañá domingo 14 de abril ás 12:00 no campo Manolo Barreiro (nº 2)

Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: CADETE 4 (Miguel de Labra -3- e Janusz) - RACING DE FERROL 1
División de Honra, 27ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 25ª xornada: INFANTIL 5 (Nikolay, Esteban, Raúl, Sergio Cortizo e Javi Seoane) - BERTAMIRÁNS FC 0
División de Honra, 25ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Barral) - PABELLÓN OURENSE CF 2

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 7ª xornada: ALEVÍN - CD CALASANZ, mañá domingo 14 de abril ás 12:00 en Abegondo

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: SAN TIRSO SD 0 - ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e Hugo Macedo)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 8 (Alejandro Astray -3-, Íker Ferreiro, -2-, Miguel Candal, Hugo Quintela e Nico Rodríguez-Ponce) - ED LUÍS CALVO SANZ 2

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 1 - BENXAMÍN A 9 (Mateo Songo'o -5-, Adrián Liñares, Álex Casado, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 0 - VICTORIA CF 2