RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA, con derrota e empate do Fabril e Xuvenil A; e calendario deste domingo, con só cita para o Xuvenil B

Xornada reducida en ANOSACANTEIRA con descanso para os dous equipos cadetes e os dous infantís debido aos compromisos da selección galega sub-14 e sub-16 na Primera Fase do Campionato de España en Poio (Pontevedra).

Están convocados pola selección española sub-16 os deportivistas Anxo Castro, Nikolay, Raúl Lema e Yerobe; ademais de Antón Vilariño, Carlos Ernau e Hugo Ferreirós do San Tirso SD Cadete.

E na sub-14 están os branquiazuis Julen Díaz, Enzo Pose, Hugo Macedo e Santiago Matías; con Martín Brandón e Xiao Fontao do San Tirso SD Infantil.

Iso si houbo amigable para o Infantil, líder da División de Honra con 21 puntos, este mércores 29 de outubro nas Eiroas co Bergantiños CF B cadete (3-6); e para o San Tirso SD Infantil, 4º clasificado con 14 puntos, este venres 31 de outubro en Ponte dos Brozos fronte ao Atlético Arteixo (2-1). 

En canto ao resto da xornada, o Fabril caeu por 2-1 co UD Ourense este sábado 1 de novembro no Couto.

Os fabrilistas encadean así a súa segunda derrota consecutiva e quedan con 19 puntos á fronte da táboa, á espera de que este domingo xoguen o resto dos seus perseguidores.

Tamén este sábado 1 o Xuvenil A (na foto principal da noticia) mediuse na Cheda ao CD Lugo (1-1), o Alevín A ao Sporting Cambre no campo Dani Mallo (0-6) e o Benxamín A (na foto entre o texto) ao Olímpico CF en Vilaboa (0-12).

Como locais, o Fabril FC Alevín non puido co Atlético Coruña Montañeros CF (2-1) e o Fabril FC Benxamín (na foto inferior) co CD Calasanz (2-4).

Para o domingo 2 de novembro queda unicamente un partido, o do Xuvenil B en Os Remedios ante o Pabellón Ourense CF (12:00), correspondente á 9ª xornada na Liga Nacional.

Os pupilos de Dani Xelo marchan en 2ª posición con 22 puntos, a 2 puntos do liderado.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
9ª xornada: UD OURENSE 2 - FABRIL 1 (Nájera)

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: CD LUGO 1 - XUVENIL A 1 (Lucas Castro)

Liga Nacional, 9ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, o domingo 2 de novembro ás 12:00 en Os Remedios (campo Miguel Ángel)

Categoría infantil
Amigable (mércores 29 de outubro): BERGANTIÑOS CF B (cadete) 3 - INFANTIL 6 (Aritz, Martín -2-, Uxío -2- e Jorge)
Amigable (venres 31 de outubro): ATLÉTICO ARTEIXO 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Lucas Albor)

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - ALEVÍN A 6 (Diego Castelo -2-, Enzo Fernández -2-, Andrés Valencia e Saúl Cancela)
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Martelo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: OLÍMPICO CF 0 - BENXAMÍN A 12 (Fabio Álvarez -3-, Pablo Campanero -3-, Xosé Varela -2-, Mateo Ramos, Tomás Sánchez, Manu López e Hugo Cancela)
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Jaime Fraga e Álex Martínez) - CD CALASANZ 4