RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA, con triunfo no desconto do Fabril; e calendario deste domingo, co Xuvenil B e o Alevín de fútbol 11 no Dépor Training Center

Este domingo 8 de marzo xóganse 2 encontros no Dépor Training Center.

O Xuvenil B recibe ao CD Lugo B na Liga Nacional (12:00) e o Alevín ao CD Calasanz na 3ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 (10:15).

Por contra, intensa xornada de sábado en ANOSACANTEIRA que arrincou ás 9:00 na Torre cos partidos de fútbol 8 do Benxamín A ante o Victoria CF (7-0), do Fabril FC Benxamín fronte á Santa Cruz CF (3-1), do Alevín A ante o Victoria CF (1-0) e do Fabril FC Alevín ante o ED Luis Calvo Sanz (4-0).

O prato forte foi o encontro do Fabril ante o Rayo Cantabria no campo Arsenio Iglesias.

Foron baixa nos fabrilistas Bil, convocado polo primeiro equipo; e os lesionados Damián Canedo, Fabi e Manu Ferreiro.

Precisamente Manu Ferreiro será intervido este luns 9 de marzo dunha rotura no tendón proximal da musculatura isquiotibial da súa perna dereita en Barcelona polo doutor Jordi Puigdellívol. O período de recuperación non será inferior a 5 meses.

Decidiu o choque unha cabezada de Nájera no desconto para subir o 2-1 e situar ao Fabril con 53 puntos á fronte da táboa, á espera do encontro deste domingo do Oviedo Vetusta, que ten 52 puntos, en Ourense. 

En Gijón, o Xuvenil A, líder da División de Honra, empatou (1-1) co TSK Roces no partido previo á Final Four da Copa del Rey do Anxo Carro.

Tamén este sábado 7 xogaron os dous equipos cadetes e os dous infantís.

No Dépor Training Center o Cadete (3-1) e o Infantil (6-0) impuxéronse aos respectivos equipos do Pontevedra CF.

Non xogou Gael Seijo, o central ou mediocentro infantil que esta semana estivo concentrado coa selección española sub-14 en Alfaz del Pi.

E o San Tirso SD Cadete empatou no campo vigués de Fragoselo co Coruxo FC (2-2) mentres que no Monte, o San Tirso SD Infantil caeu co CD Calasanz (0-4).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
26ª xornada: FABRIL 2 (Nájera -2-) - RAYO CANTABRIA 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: TSK ROCES 1 - XUVENIL A 1 (Lucas Castro)

Liga Nacional, 25ª xornada: XUVENIL B - CD LUGO B, o domingo 8 de marzo ás 12:00 no Dépor Training Center

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: CADETE 3 (Pablo Vara, Yerobe e Picallo) - PONTEVEDRA CF 1
División de Honra, 21ª xornada: CORUXO FC 2 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Álex Vidal e Asier)

Categoría infantil
División de Honra, 21ª xornada: INFANTIL 6 (Jorge Méndez, Álvaro Gómez -2-, David Gómez, Aritz e Santi Durán) - PONTEVEDRA CF 0
División de Honra, 21ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD CALASANZ 4

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 3ª xornada: ALEVÍN - CD CALASANZ, o domingo 8 de marzo ás 10:15 no Dépor Training Center

Primera Futgal A Coruña, 22ª xornada: ALEVÍN A 1 (Leo Lorenzo) - VICTORIA CF 0
Primera Futgal A Coruña, 22ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Mateo Pastorín -3- e Joel Losada) - ED LUÍS CALVO SANZ 0

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 22ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Hugo Cancela -2-, Hugo Rey -2-, Tomás Sánchez -2- e Ian Lata) - VICTORIA CF 0
Primera Futgal A Coruña, 22ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Diego Freire, Izan Mallón e Juan Crujeiras) - SANTA CRUZ CF 1