RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA e calendario deste domingo, con partido histórico do Xuvenil A no campo Arsenio Iglesias

Día histórico para o RC Deportivo este domingo 5 de outubro.

Ás 12:00, o Xuvenil A recibe á RS Gimnástica de Torrelavega no primeiro partido oficial que se disputa no campo Arsenio Iglesias do Dépor Training Center.

Completa a xornada dominical o encontro do San Tirso SD Infantil ás 12:00 no Monte fronte ao ED Val Miñor Nigrán.

A atención da fin de semana estivo na visita do Fabril, líder da Segunda Federación, ao Atlético Astorga FC, este sábado 4 de outubro no campo da Eragudina.

O filial deportivista exhibiu a súa pegada en ataque para golear aos maragatos por 0-4 e sumar 15 puntos de 15 posibles á fronte da táboa.

Esta vez non marcou Bil pero si 4 dos seus compañeiros: Fabi, Nájera, Noé e Garrido.

Tamén competiron o resto de equipos.

No campo de herba sintética do Dépor Training Center o Xuvenil B (na foto principal da noticia) venceu ao UD Ourense (3-1); e o Fabril FC Alevín (na foto inferior) e Fabril FC Benxamín ao San Tirso SD na 2ª xornada da Primeira Futgal de fútbol 8.

Fóra de casa venceron o Cadete (na foto entre o texto) e Infantil en Ourense ante o Pabellón Ourense CF (0-3 e 0-9 respectivamente); caeu o San Tirso SD Cadete en Salceda de Caselas fronte ao Escola de Fútbol DSF (3-0); e gañou o Alevín A en Carral ao UD Carral e o Benxamín A en Cambre ao Sporting Cambre.

Finalmente, Anxo Castro, Eder Vilas, Nico Giovanni, Nikolay Dyulgerov, Raúl Lema e Yerobe Mahugo do Cadete; con Antón Vilariño, Carlos Ernau, Hugo Ferreiros e Julen López, do San Tirso SD Cadete, xogaron este mércores un amigable ante o Pabellón Ourense CF no campo do Corgo (Soutopenedo, Ourense).

Así mesmo, os deportivistas Aritz Fernández, Hugo Macedo, Iván Gil e Julen Díaz; ademais de Martín Brandón, Thiago López e Xiao Fontao do San Tirso SD Infantil disputaron outro choque de preparación no campo do Corgo (Soutopenedo, Ourense) coa selección galega sub-14 ante o Pabellón Ourense CF.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
5ª xornada: ATLÉTICO ASTORGA FC 0 - FABRIL 4 (Fabi, Nájera, Noé e Garrido)

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A - RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA, o domingo 5 de outubro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

Liga Nacional, 5ª xornada: XUVENIL B 3 (Sabino, Yago Trigo e Gael) - UD OURENSE 1

Categoría cadete
División de Honra, 4ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 0 - CADETE 3 (Raúl Lema, Nico Giovanni e José Quiroga)
División de Honra, 4ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF 3 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 4ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 0 - INFANTIL 9 (Iván Gil, Yoel Darriba -2-, Hugo Macedo, Manu Sande, Álvaro Gómez, Julen e David Gómez -2-)
División de Honra, 4ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 5 de outubro ás 12:00 no Monte

Categoría alevín
Primera Futgal, 2ª xornada: UD CARRAL 1 - ALEVÍN A 6 (Enzo Fernández -2-, Yago Prieto, Saúl Cancela, Diego Castelo e Mateo Cardelle)

Primera Futgal, 2ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 11 (Martín Coronel -3-, Pablo Gómez -2-, Joel Losada -2-, Leo Galbán, César Leira, Martín Martelo e Manu Parada) - SAN TIRSO SD 1

Categoría benxamín
Primera Futgal, 2ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - BENXAMÍN A 15 (Pablo Campanero -3-, Hugo Cancela -3-, Mateo Ramos -3-, Fabio Álvarez -2-, Anxo Español, Ian Lata, Nico Mariño e Manu López)

Primera Futgal, 2ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 12 (Óscar Lijo -3-, Juan Crujeiras -2-, Milan Songo'o -3-, Jaime Suárez, Álex Martínez e Tomás Lorenzo) - SAN TIRSO SD 0