RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo, co Dépor ABANCA B no campo Arsenio Iglesias

Esta fin de semana retoman a competición o Deportivo ABANCA B e o Orzán SD Sub-21 en Segunda e Tercera Federación respectivamente.

As Nosas reciben á SD Eibar B nun duelo de filiais posterior ao enfrontamento dos primeiros equipos de ambos os clubs este sábado 1 de novembro pola tarde en Ipurúa.

O Dépor ABANCA B busca reencontrarse coa vitoria despois de 3 derrotas consecutivas, 2 delas lonxe do Dépor Training Center.

O encontro está fixado para as 12:00 do domingo 2 de novembro no campo Arsenio Iglesias.

Estará xa Antía Veiga, unha vez eliminada España nos oitavos de final do Campionato do Mundo sub-17 de Marrocos; do mesmo xeito que as tamén internacionais Redru (na foto da noticia) e Michi Apóstol.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

Ese mesmo domingo, pero ás 16:00 na Torre, o Orzán SD Xuvenil mídese ao Victoria FC B na 7ª xornada da Primera Autonómica.

Este sábado 1 de novembro xogouse o resto da xornada.

En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 venceu por 0-1 a un Bergantiños CF instalado na zona nobre da táboa.

Decidiu o choque un gol de Daniela Macedo no minuto 16.

Con estes 3 puntos, as orzanistas suman 11 puntos na 3ª posición.

Completaron a xornada o Orzán SD Cadete en Os Regos ante o Santa Cruz CF (0-2), o Orzán SD Infantil A en Eirís ante o CF Batallador SD (10-0) e o Orzán SD Infantil B ante o Bergantiños CF tamén en Eirís (0-0).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SD EIBAR B, o domingo 2 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

Tercera Federación
6ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Daniela Macedo)

Primera Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - VICTORIA FC B, o domingo 2 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete
5ª xornada: SANTA CRUZ CF 0 - ORZÁN SD CADETE 2 (Daniela Barbanzán e Alba García)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Inés Neira -3-, Elena Rodríguez, María López-Perales -3-, Uxía Pérez, Zoe Mahía e unha futbolista rival en propia meta) - CF BATALLADOR SD 0

Grupo 2º, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - BERGANTIÑOS CF 0