RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina, con celebración do Dépor ABANCA B; e calendario deste domingo, con dous partidos na Torre

O Dépor ABANCA B tivo este sábado 3 de maio a súa merecida homenaxe polo seu título de Tercera Federación e consecuente ascenso a Segunda logrado a pasada fin de semana coa súa vitoria ante o CD Bovedana.

Nos prolegómenos do último partido de liga, ante o CD Parquesol no campo 5 de Abegondo, As Nosas recibiron a copa de campioas de mans de Juan Villamisar, vicepresidente da Federación Galega.

O conxunto valisoletano fixo o corredor de honra ás campioas, que liquidaron o encontro sen problemas (13-0).

Tamén hoxe sábado 3 xogaron os dous equipos infantís: o A (na foto inferior) na Torre ante o SCD Pastoriza (3-0) e o B en Os Regos ante o Santa Cruz CF (2-4).

Para mañá domingo 4 de maio quedan os encontros do Orzán SD Sub-21, xa ascendido a Tercera Federación, ante o Sporting Cambre (16:00 na Torre) e o do Orzán SD Xuvenil de Segunda Autonómica ante o Sporting Burgo (10:15 tamén na Torre).

Ademais, as canteirás Antía Veiga, Martina Santamarina, Daniela Macedo, Claudia Sande e Marta Moreno están concentradas coa selección galega sub-16 na Fase de Plata do Campionato de España por autonomías.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
30ª xornada (última): DEPORTIVO ABANCA B 13 (Michi Apóstol -4-, Marta Rico -2-, Paula Monteagudo -3-, Noelia Mayo -2-, Lucía Mariño e Laura Ruiz) - CD PARQUESOL 0

Primeira Autonómica
29ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - SPORTING CAMBRE, mañá domingo 4 de maio ás 16:00 na Torre (campo 2)

Copa da Coruña
Cuartos de final (xoves 1 de maio): SCD PASTORIZA 1 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Dunia Dahmouni). A penaltis: 3-1

Segunda Autonómica
29ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SPORTING BURGO, mañá domingo 4 de maio ás 10:15 na Torre (campo 2)

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 1A, 6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 3 (Alba García, Valentina Fernández e Telma García) - SCD PASTORIZA 0

Grupo 2A, 6ª xornada: SANTA CRUZ CF 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 4 (Nerea Cruz -3- e Inés Novo)