Richard Barral, Director de Fútbol do RC Deportivo, pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.
Confirmou a renovación de Somma por unha temporada e ademais pide unha solución xa a quen corresponda "porque a planificación non pode esperar máis".
Estas foron algunhas das súas frases:
Configuración do cadro
"Está a prexudicar toda esta incerteza. Estamos a irnos a unhas datas onde o mercado leva tempo movéndose e esta incerteza afecta á planificación, tanto á deportiva como á formación da Secretaría Técnica".
"Isto que empezaba como un erro, está a tomar unhas dimensións... É o momento de que alguén se poña no seu sitio e diga o que hai que facer para un lado ou para outro. Pero isto non pode seguir así".
"Estamos a 23 de agosto e ninguén nos dixo onde imos estar. É incrible e moi difícil de entender. Que ninguén dixese 'isto é así. Teñen 48 horas para poñerse de acordo e se non a decisión tomámola nós'. Así é moi difícil".
"Isto parece unha película de medo. Unha cousa que era tan sinxela naquela última xornada. Cando o sábado se sabía todo, avisar a todos os clubs, suspender LaLiga 3 ou 4 días e era sencillísimo. Isto acabaría hai moito tempo, non habería todas estas leas. A partir de aí todo se fixo mal. E lei de Murphy. Cando todo vai mal, sempre pode ir peor. E vémonos nesta situación".
"Gustaríame saber canto antes se estamos en Segunda porque a planificación non se pode atrasar máis. Pídollo a quen lle corresponda. Sei que todo o mundo está de vacacións. Ademais é necesario, co ano que tiveron os políticos. Pero suspender as vacacións para unha videoconferencia 1 hora, 2 horas, 4 horas ou solicitar ás partes que se poñan de acordo pódese facer".
Perfil de xogador para as dúas categorías
"Facer un cadro para as dúas é sinónimo de fracaso. Ti podes facer 2 ou 3 xogadores que poidan ser de máis ou menos rendemento nunha categoría ou outra. O groso do cadro non o podes planificar agora".
"¿Como lle dis a un xogador 'quérote para Segunda División' e a outro 'quérote para Segunda B'? ¿Van esperar 15, 20 días, 1 mes? Iso non se pode facer así. ¿Como se fai un plan A ou un plan B? Pódese pensar pero non se pode executar".
"Desde o minuto 1 estamos a poñernos no escenario de Segunda porque consideramos que seremos equipo de Segunda. Pero como non depende de nós, non podemos asegurarlle a ninguén iso. Nin aos que están nin aos que van vir".
Corpo técnico
"Vai incorporarse un adestrador de porteiros. Aproveitamos para agradecerlle a Yván Castillo o seu traballo, dedicación e honestidade co Club. El necesitaba volver á súa cidade".
"E tamén co segundo adestrador quedará definido. É un cargo de confianza e Fernando Vázquez está a definir quen vai ser. É cuestión de horas ou moi poucos días".
"Haberá algunha incorporación. Moi pouquiño porque a situación é de inestabilidade do fútbol e de todos os sectores da sociedade. A máis clara e necesaria será a dun Secretario Técnico".
Xogadores para Segunda B
"Tenteouse desde o primeiro momento quen estaría disposto e quen non. No aspecto económico o primeiro que hai que ter é un orzamento para facer unha oferta clara. O noso pensamento é en Segunda División. En Segunda todos os xogadores que están aquí teñen contrato".
"Se tivésemos que ir a Segunda B, faráselle unha formulación económica. Aí verase quen quedará e quen non".
"Ninguén vai facer un contrato cunha redución para Segunda B cando planificas un cadro en xuño. Ninguén pensa en Segunda que che vas a ir a Segunda División B. No mes de xaneiro si, sobre todo cando fixeches unha primeira volta con poucos puntos. Ninguén che vai a fichar e se hai descenso continuar en Segunda B. Vanche a poñer unha cláusula dicindo que aí non xogarían. A maioría de xogadores que viñeron en xaneiro tiñan esa condición. Repito non obstante que nós estamos no escenario de Segunda División mentres non nos indiquen o contrario".
Diego Rolan
"É un tema claro do que o COVID afectou o fútbol. Fixo unha boa temporada en México. Alí hai varios equipos que o queren. Hai outras ofertas de Europa. Pero hai un problema, que os clubs se están vendo afectados economicamente, co fútbol a porta pechada. Hai menos diñeiro para todo. As ofertas que hai neste momento non satisfán ao Club".
"Estamos en negociacións con varios clubs. Por tanto permitímoslle que non se incorporase porque estamos en varias frontes".
Portería
"Non nos vai a crear ningún trastorno. Esteamos en Segunda ou en Segunda B. Tamén no B temos 2 porteiros novos de moita proxección. É polo que non se fichou un terceiro porteiro o ano pasado".
Sabin Merino
"A relación co CD Leganés é moi boa desde sempre. Eles portáronse moi ben cando lle pedimos a Sabin. E nós queremos corresponder e por iso permitímoslle que estea alí. Logo hai un contrato que no caso de que sigamos en Segunda, Sabin será xogador noso. Só tiñan repesca no caso de que descendésemos a Segunda B. Cando Sabin veu aquí tiñamos 15 puntos e o risco de descenso era máis que evidente".
Mensaxe aos futbolistas con contrato
"Os xogadores están a dar unha lección porque ninguén lles pode dar unha resposta fixa. Se a dás, mentes. Eles saben como está a cousa, o que está a facer o Club por defender os seus dereitos. Están a dar unha lección de honestidade. Eu díxenlles a cada un como está a cousa, o que pode pasar, para que non teñan que reprocharnos nada neste sentido. Pero eles podían tomar decisións pola súa conta e de momento non as tomaron. Gustaríame agradecerllo".
Somma e Gandoy
"Somma xa ten contrato (1 temporada máis) desde antes de que acabase a anterior liga, non o partido do CF Fuenlabrada".
"O tema de Gandoy é simplemente facer a opción dun contrato de hai tempo que aínda non está asinado porque o estamos puíndo. Xa hai condicións claras que son de hai varias temporada, da miña anterior etapa aquí. Simplemente estamos a negociar algunhas cousas distintas: 'póñoche alí, quítoche alá'. Non vai haber ningún problema".
Borja Valle
"El estivo comprometido até o último día. Leva moitos anos aquí, é un dos capitáns. Non tememos nada que reprocharlle nin nada sobre a súa entrega, profesionalidade, rendemento... Ao Club e ao corpo técnico gustaríalle que continuase. A partir de aí haberá unha oferta e el terá que decidir o seu futuro como mellor convéñalle".
Área de Dirección Deportiva e captación se hai descenso
"Vai ser unha Secretaría Técnica moi corta en efectivos ante a situación económica. Pero que eses efectivos sexan moi bos. Agora mesmo está sen formar. Antes había unha Secretaría Técnica na que todos os compoñentes ou case todos non están neste momento. Entrou un novo Consello e é normal que cambiase. Mesmo eles que ían xuntos ficharon noutro Club. O atraso que hai vén dado tamén por esta situación".
Gaku e Dani Giménez
"Gaku ten un problema de coordinar os voos. Nesta época do ano é moi difícil. Está a piques de chegar".
"Dani está na recta final da súa recuperación da lesión do recto anterior. Permitímoslle durante uns días que continuase a súa recuperación baixo os parámetros dos Servizos Médicos do Club".