Riki e Loureiro pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.
O centrocampista asturiano confesou estar "moi contento por debutar con vitoria. Para min non era un partido fácil polo contexto. A semana pasada estaba alí con eles. Tiven moi boas sensacións a nivel individual e de equipo. Os partidos gáñanse así, sufrindo".
Cre que o sufrimento "vai ser unha tónica habitual de aquí a final de temporada. Nas segundas voltas todos os equipos xóganse moito e os partidos vanse a decidir en pequenos detalles. É mérito do equipo ter esa capacidade de sufrir".
Finalmente, Riki admite que "ter a ANOSAFORZA detrás animando como animou ao final do partido vainos facer gañar moitos partidos. Téñoo claro".
Pola súa banda, Miguel Loureiro asegurou que os branquiazuis "estamos contentos por volver gañar en ABANCA-RIAZOR con #ANOSAFORZA. Son 3 puntos importantes para seguir aí arriba".
Cre que a primeira parte ante o Albacete Balompié foi "moi boa. O equipo estivo a dominar, conseguiu instalarse en campo contrario moito tempo, pasar moito tempo con balón e porse por diante".
No entanto, admitiu que "na segunda parte custounos un pouco máis. O Albacete Balompié veunos a presionar máis arriba. Hai que aprender a xestionar un pouco mellor esas vantaxes para os próximos partidos".
