RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rui Costa asegura que está "no bo camiño" para alcanzar o seu estado de forma idóneo

Rui Costa pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O atacante portugués, que se marchou ao parón do Nadal con dous tantos anotados na LXXV Edición do Trofeo Teresa Herrera, recalcou que "é bo sempre facer goles sexa un partido amigable ou non. Dáme confianza para os partidos duros que veñen. Agora é unha elección do míster. Estamos a traballar todos para lograr o que queremos".

En canto ás ausencias nos adestramentos no céspede, apunta que "os que saímos estamos a traballar igual. Cando estean listos uniranse a nós para traballar para o que vén".

Finalizado o encontro en Pasarón, Fernando Vázquez admitía que Rui se estaba achegando ao seu estado de forma idóneo. O futbolista portugués mostrouse de acordo co técnico branquiazul: Levaba un tempo sen adestrar cando cheguei á Coruña. Despois tiven unha lesión de tres semanas, un mes que me fixo demorar máis tempo para conseguir a miña forma. Agora estamos en bo camiño".

Rui reflexiona sobre o nivel de esixencia do Dépor: "Os afeccionados sempre queren gañar por cinco ou por seis. Pero iso non é posible. Hai partidos que imos gañar sufrindo, outros imos empatar... O fútbol é así. Nós temos que facer o noso traballo e ao final quedarnos aí para ascender".

Iso si, non cre que a presión afecte o vestiario: "Os afeccionados queren o mellor para o Club e nós estamos aquí para facelo. Perdemos contra o Celta B un partido moi importante para o Dépor que non deberiamos perder. Pero o fútbol é así. Os afeccionados apóiannos moito e critícannos cando nos teñen que criticar. E iso é o mellor do fútbol".