RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Segundo amigable para o Dépor ABANCA, este sábado ás 13:00 en Llanes ante o Athletic Club

O Dépor ABANCA disputa este sábado 2 de agosto no campo de San José en Llanes (Asturias) ante o Athletic Club de Liga F o seu segundo amigable de pretemporada.

O encontro arrincará ás 13:00 horas e será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

As Nosas sacaron un sobresaliente na súa primeira cita estival, ante o SC Braga da Primera División portuguesa: 0-4.

A novidade será a presenza de Inês Pereira, que se reincorporou aos adestramentos o pasado 25 de xullo após o seu paso pola Eurocopa de Suíza.

Aínda non se incorporaron ao equipo as dúas representantes do Deportivo ABANCA na Copa América. A venezolana Michi Apóstol, eliminada na Primera Fase, regresará o vindeiro xoves 8 de agosto; mentres que a uruguaia Espe Pizarro disputa na madrugada do venres ao sábado a final de consolación do torneo ante Arxentina.

Pola súa banda, o Athletic Club é un inimigo de coidado. As leoneas acabaron o curso pasado nunha brillante 4ª posición con 51 puntos, só superadas por FC Barcelona, Real Madrid CF e Atlético de Madrid.

O verán pasado, ambos os equipos tamén se viron as caras en pretemporada. Foi en ABANCA-RIAZOR co Trofeo Teresa Herrera en xogo. Naquela ocasión o triunfon sorriu ás Nosas.

O Athletic encara o choque con 21 futbolistas, entre as que se atopan as ex deportivistas Jone e Peke.

Será o seu segundo amigable de pretemporada. No primeiro, as branquivermellas igualaron (1-1) co SC Braga.

Finalizado o encontro, As Nosas descansan o domingo 3 de agosto e volven aos adestramentos en Abegondo o luns 4 ás 10:30.