RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Segundo desprazamento do Dépor ABANCA nesta extenuante semana de máis de 6.650 quilómetros, esta vez a Barcelona

O Dépor ABANCA afronta o segundo desprazamento nunha extenuante semana de competición.

Se o pasado martes As Nosas viaxaban a Las Palmas de Gran Canaria (na foto da noticia posando co Guiniguada Apolinario CD), este sábado 8 de novembro farano a Barcelona para enfrontarse o domingo 9 de novembro ás 12:00 (Dazn) no Estadi Johan Cruyff ao Barça.

Así pois, o conxunto branquiazul percorrerá en 6 días un total de 6.650 quilómetros.

O desprazamento será desde o Aeroporto de Vigo o sábado pola tarde, con regreso o domingo á primeira hora da tarde.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 8 de novembro
12:30: Adestramento no Dépor Training Center
15:45: Saída do autocar a Vigo
19:20: Saída do voo do Aeroporto de Vigo con destino ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas
21:40 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas e aloxamento no Hotel Sercotel Porta Barcelona

Domingo 9 de novembro
12:00: FC Barcelona - Deportivo ABANCA, no Estadi Johan Cruyff
16:40: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas con destino ao Aeroporto de Vigo
18:35 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Vigo e traslado á Coruña