RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Segundo partido de Marina Artero e de Olaya no Mundial, esta madrugada ante Paraguai

-Foto:@rfef.es

 

As deportivistas Marina Artero (na foto de pé a 4ª xogadora empezando pola esquerda) e Olaya Enrique (na foto de pé a 2ª xogadora empezando pola esquerda) disputan esta madrugada en España (00:00, hora galega) ante Paraguai o 2º partido da Primera Fase do Mundial sub-20 de Colombia.

No debut ante Estados Unidos, un gol de Olaya no minuto 8, a pase de Lucía Corrales, deu o triunfo ao combinado nacional.

A outra futbolista branquiazul, Marina Artero, seguiu o encontro desde o banco.

Así pois, unha nova vitoria española suporía o pase á seguinte rolda.

As paraguaias venceron na primeira xornada (2-0) a Marrocos, polo que lideran o grupo por mellor diferencia de goles con España.

O calendario das dúas futbolistas branquiazuis, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 1 de setembro
ESPAÑA 1 - ESTADOS UNIDOS 0

Xoves 5 de setembro
00:00: ESPAÑA - PARAGUAI, no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (Cali)

Domingo 8 de setembro
1:00: MARROCOS - ESPAÑA, no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (Cali)

O Dépor ABANCA está representado no torneo mundial con 3 futbolistas: Maria Artero e Olaya por España; e Michi Apóstol por Venezuela.