RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana curta para o Dépor ABANCA con partido este venres en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD

O Dépor ABANCA, este luns 10 de novembro con xornada de descanso, encara desde este martes 11 unha semana curta de traballo con partido este venres 14 de novembro ás 19:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD.

Os resultados da última xornada, coa derrota no Estadi Johan Cruyff, deixou a As Nosas con 7 puntos na 14ª posición.

Fran Alonso disporá úncamente de 3 sesións de traballo matinais no campo 6 do Dépor Training Center, con este calendario:

Martes 11 de novembro
10:00 h.

Mércores 12 de novembro
10:30 h.

Xoves 13 de novembro
10:30 h.

Venres 14 de novembro
19:30: Deportivo ABANCA - Levante UD, en ABANCA-RIAZOR