RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana grande para o Dépor ABANCA, co Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR este sábado 9

O Dépor ABANCA encara a súa semana grande da pretemporada, con dúas citas contra equipos de primeira liña de Portugal.

Este mércores 6 ás 12:30 (hora galega) As Nosas mídense ao Sporting CP nun encontro a porta pechada na localidade portuguesa de Lordelo; e o sábado 9 reciben en ABANCA-RIAZOR ao SC Braga coa 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera en xogo.

"O equipo cada día está mellor", manifestou Bárbara Latorre finalizado o amigable do pasado sábado en Llanes ante o Athletic Club.

Ademais dos dous partidos, Fran Alonso disporá desde este martes 5 de agosto de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo até o domingo 10 incluído.

Así pois, a planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 5 de agosto
10:30

Mércores 6 de agosto
12:30 (hora galega, 11:30 hora local): Sporting CP - Deportivo ABANCA, no Estadio Cidade de Lordelo en Lordelo

Xoves 7 de agosto
Descanso

Venres 8 de agosto
10:30

Sábado 9 de agosto
17:00 (13ª edición do Trofeo Teresa Herrera): Deportivo ABANCA - SC Braga, en ABANCA-RIAZOR

Domingo 10 de agosto
10:30