RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOSSep 3, 2023

Semana longa de traballo no Dépor de cara ao encontro ante o CD Teruel en ABANCA-RIAZOR

O Dépor inicia mañá luns 4 de setembro unha semana longa de traballo de cara á 3ª xornada no grupo 1º de Primera Federación, o domingo 10 de setembro ás 19:30 en ABANCA-RIAZOR ante o CD Teruel (FEF.TV).

Cun parón o martes, Imanol Idiakez disporá de 5 sesións de traballo matinais, a última, o sábado 9, en #ANOSACASA, escenario do encontro.

Cada día que haxa actividade na Cidade Deportiva, o cadro está citada ás 8:30 para almorzar. De feito, o mércores e o venres os futbolistas tamén comerán na instalación branquiazul.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 4 de setembro
10:30 h., Abegondo

Martes 5 de setembro
Descanso

Mércores 6 de setembro
10:30 h., Abegondo

Xoves 7 de setembro
10:30 h., Abegondo

Venres 8 de setembro
10:30 h., Abegondo

Sábado 9 de setembro
10:30 h., ABANCA-RIAZOR

Domingo 10 de setembro
19:30: Deportivo - CD Teruel, en ABANCA-RIAZOR