RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sesión táctica de Os Nosos con practicamente todo o grupo sobre o céspede, o que "aumenta o nivel de cada un e vainos a levar antes ao obxectivo"

Xornada táctica do Dépor este xoves 5 de febreiro no campo 2 do Dépor Training Center orientada ao partido deste domingo 8 de febreiro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) ante o Albacete Balompié.

Practicamente todo o cadro estivo sobre o céspede, circunstancia que valorou Adrià Altimira ante os medios de comunicación ao recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de xaneiro, precisamente no seu primeiro mes como futbolista do Dépor: "Calquera competencia para calquera xogador é positiva".

"É importante estar todos ao máximo, estar todos dispoñibles porque iso aumenta o nivel de cada un e vainos a levar antes ao obxectivo", subliñou o lateral destro deportivista.

O corpo técnico dispuxo como tarefas principais un exercicio táctico e un partido once contra once no campo 2.

O cadro arrincou cunha activación e un exercicio de finalizacións.

Charlie Patiño foi o único futbolista esta mañá con traballo personalizado por molestias nun xeonllo.

Pola súa banda, Noé, Bil e Quique Teijo foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este venres 6 de febreiro, Os Nosos adéstranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.