RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Suspendido o encontro de Liga F do Deportivo ABANCA ante a Valencia CF Féminas

O Xuíz Único de Competicións Profesionais da Federación Española de Fútbol acordou o adiamento do encontro de Liga F entre a Valencia CF Féminas e o Deportivo ABANCA previsto para este sábado 2 de novembro ás 12:00 no Estadio Antonio Puchades, correspondente á 8ª xornada, a consecuencia dos efectos devastadores da DANA na Comunidade Valenciana.

Irene Ferreras, en rolda de prensa este mediodía en Abegondo, manifestou que "cando pasan cousas de tal magnitude, pois relativizas moitas cousas".

Así pois, As Nosas adestraranse mañá venres 1 e o sábado 2 ás 11:00 en Abegondo. O domingo 3 será xornada de descanso. Na sesión de hoxe xoves xa estiveron ás ordes de Irene Ferreras as internacionais Inês Pereira, Patrícia Hmírová, Oriana Altuve e Michi Apóstol.

"Trataremos de buscar esta fin de semana meter adestramentos para preparar o partido de Copa e a pensar no seguinte", subliñou en referencia ao choque copeiro ante o Real Betis Féminas deste martes 5 de novembro ás 20:00 horas en Abegondo (Teledeporte), correspondente á 3ª eliminatoria.