RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Suspendidos os 3 partidos de hoxe de #ANOSACANTEIRA en Abegondo; dos cales 2 pasan ao fin de semana

O temporal de frío, vento e choiva que azouta Galicia hoxe venres 1 de febreiro obrigou a suspender os 3 partidos de #ANOSACANTEIRA previstos para esta tarde en Abegondo. Deles, o Xuvenil B de Liga Nacional ante o ED Val Miñor B trasládase ao domingo 3 ás 12:00; e o Infantil A fronte ao Arousa SC a mañá sábado ás 11:30 horas.

O choque do Cadete A fronte ao Ourense CF foi aprazado sen data, á espera da decisión da Federación Galega de Fútbol.

A xornada arrincou onte xoves 31 de xaneiro. O Infantil B, líder destacado da Primeira Autonómica, superou ao Atlético San Pedro (3-1) con até 9 alevíns na súa convocatoria e 6 no once inicial.

Os demais encontros previstos serán todos lonxe de Abegondo. A Fabril visita o domingo 3 de febreiro (17:00 horas) O Toralín de Ponferrada, un dos campos máis complicados do grupo 1º da Segunda División B.

Mañá sábado 2 de febreiro o Cadete B xoga en Viveiro (16:00 horas); e o domingo 3, o Deportivo ABANCA B na Coruña fronte ao Orzán SD (16:00); e o Xuvenil A en Xixón fronte ao Sporting (16:15).

Finalmente, o Alevín B inicia esta fin de semana a Segunda Fase da Segunda Comarcal. Só resta por empezar esta nova etapa da temporada o Benxamín B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
23ª xornada: SD PONFERRADINA - FABRIL, o domingo 3 de febreiro ás 17:00 no Toralín
Clasificación: ... 14. Burgos CF, CF Salmantino e Real Valladolid CF B, 25 puntos; 17. AD Unión Adarve, 23 puntos; 18. CDA Navalcarnero e Rápido de Bouzas, 21 puntos; 20. Fabril, 14 puntos

Categoría feminina
19ª xornada: ORZÁN SD - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 3 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 52 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 48 puntos...

Categoría xuvenil
22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o domingo 3 de febreiro ás 16:15 en Mareo
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo, 37 puntos; 5. Xuvenil A e Ural CF, 35 puntos; 7. Real Oviedo, 33 puntos...

21ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR B, o domingo 3 de febreiro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 42 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Xuvenil B, 36 puntos; 6. CD Choco, 35 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 34 puntos...

Categoría cadete
21ª xornada: CADETE A - OURENSE CF, aprazado
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 54 puntos; 2. Cadete A, 53 puntos; 3. Ural CF, 41 puntos...

21ª xornada: VIVEIRO CF A - CADETE B, o sábado 2 de febreiro ás 16:00 nos Municipal Marcos Gómez (Viveiro)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 4. Galicia de Caranza, 36 puntos; 5. Cadete B, 34 puntos; 6. CF Dumbría, 33 puntos; 7. Bergantiños CF B e CD Calasanz B, 32 puntos...

Categoría infantil
4ª xornada: INFANTIL A - AROUSA SC, o sábado 2 de febreiro ás 11:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Fase polo Título da liga Galega: 1. Infantil A, 9 puntos; 2. Bertamiráns FC, Ourense CF e Pabellón Ourense CF, 7 puntos...

23ª xornada: INFANTIL B 3 (Martín -2- e Álvaro) - ATLÉTICO SAN PEDRO 1
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 69 puntos; 2. Ural CF B, 58 puntos...

Categoría alevín
Oitavos de final da liga Comarcal, volta: ALEVÍN A - IMPERÁTOR OAR A, o sábado 2 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 2.1). Na ida: 8-0

Segunda Fase da Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: ALEVÍN B - OZA JUVENIL SD B, o sábado 2 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 2.2)

Categoría benxamín
11ª xornada: IMPERÁTOR OAR A - BENXAMÍN A, o sábado 2 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 26 puntos; 2. CD Calasanz A, 25 puntos; 3. Victoria CF A, 23 puntos...