RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Táboas entre un superior Deportivo ABANCA con protagonismo para 9 canteirás e o potente Sporting CP noutro esixente exame

O Dépor ABANCA, esta vez con protagonismo de até 9 canteirás, continúa coa súa esixente pretemporada.

Así, após a goleada ao SC Braga (0-4) e a derrota pola mínima ante o Athletic Club (3-2), un dos grandes equipos da liga portuguesa, o Sporting CP de Lisboa, vixente subcampión da máxima categoría, examinou ás Nosas.

O encontro, a porta pechada, xogouse este mércores 6 de agosto no Estadio Cidade de Lordelo en Lordelo (Portugal).

Foron baixa para o encontro as internacionais na pasada Copa América Michi Apóstol e Espe Pizarro, que se reincorporarán nos próximos días; ademais de Millene, e Olalla e Vera, ambas as con molestias musculares.

Pola súa banda, o cadro verdibranco chegou ao choque reforzado coa porteira polaca Julia Wozniak; a defensa portuguesa Tânia Rodrigues; a centrocampista internacional arxentina Flor Bonsegundo e a portuguesa Samara Lino; e a dianteira española procedente do Real Betis Carla Armengol.

Ademais, o Sporting asegurouse a continuidade dun dos seus estandartes, a internacional portuguesa Ana Capeta; e de Beatriz Fonseca.

A pesar diso, o Dépor foi o dominador do encontro e fíxose acredor ao triunfo.

Fran Alonso formou de inicio con 4 canteirás: Paula Monteagudo, Paula Novo, Redru e Laura Ruiz, ademais de Eva Dios.

Precisamente foi Redru o que adiantou ás Nosas no minuto 41 nun tiro cruzado após unha acción a balón parado.

Con ese resultado provisional de triunfo deportivista e con moita igualadad chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, Fran Alonso continuou coa súa aposta pola canteira, posto que as branquiazuis seguiron no campo con outras 4 canteirás: Valbuena, Barreda, Elena e Jenni.

O Dépor ABANCA controlou o partido perfectamente ata que as lisboetas conseguiron igualar, desde o punto de penalti, no minuto 81.

O colexiado do encontro sinalou unha rigorosa pena máxima por agarrón de Marina Artero. 

De aquí ao final o marcador non se movería nun bo test de verán.

Deportivo ABANCA: Yohana (Inês Pereira, min. 46), Eva Dios (Valbuena, min. 74), Paula Monteagudo (Samara, min. 60), Marisa (Henar, min. 60), Raquel (Mariña Artero, min. 60), Bárbara (Paula Gutiérrez, min. 60), Lucía Martínez (Barreda, min.74), Merle Barth (Ainhoa Marín, min. 60), Paula Novo (Sara, min. 60), Redru (Elena min. 60) e Laura Ruiz (Jenny, min. 60)