RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Tarefa táctica en espazo amplo "traballando como temos que facer" ante o Sporting de Gijón

Antonio Hidalgo preparou cunha tarefa táctica en espazos amplos no campo 2 de Abegondo o partido deste sábado 6 de setembro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón (LaLiga TV Hypermotion, e dispoñible en DIGI TV, entre outras plataformas).

Germán Parreño asegurou na sala de prensa que "estamos a traballar como temos que facer, pensando xa en sacar os 3 puntos".

Ademais, e após pasar pola sala de vídeo, houbo unha activación, un exercicio de posición e finalizacións para concluír.

Estiveron con adestramento personalizado Jose Gragera e Jose Ángel; mentres que Mella e Lucas Noubi xogan hoxe xoves con España sub-20 en Francia e Bélxica sub-21 en Georgia respectivamente.

Pola súa banda, os fabrilistas Pablo García e Enrique Fernández uníronse a Mane, Samu e Hugo Ríos en estar ás ordes de Antonio Hidalgo.

Este venres 5 de setembro Os Nosos realizarán en Abegondo a partir das 10:30 a terceira e última sesión de adestramento previa ao encontro ante os sportinguistas, contando que unha delas tivo que ser de recuperación para os xogadores titulares en Butarque.

O porteiro deportivista lembra que "somos persoas, non robots" á hora de fixar os horarios aínda que si advirte que "o asumimos; e temos ferramentas, xogadores, medios para competir ao máximo. E así o imos a facer".