Traballada vitoria do Fabril FC Alevín sobre o Victoria CF no seu debut na Segunda Fase A Coruña
O Fabril FC Alevín impúxose (3-2) ao Victoria CF no seu debut no subgrupo 2º da Segunda Fase a Coruña.
O choque corresponde en realidade á 2ª xornada posto que na 1ª tocou descanso aos fabrilistas.
Íker Obeso -2- e Daniel Alonso foron os goleadores nun encontro moi igualado ante o Victoria CF, un dos 'fanfurriñeiros' da categoría.
Fabril FC Alevín: Brais Taín, Antón Vilariño, Daniel Alonso, Leo Sánchez, Javi Barral, Hugo Caridad, Thiago Montes e Yael López. Tamén xogaron: Alejandro País, Nico Torres, Manu Alcázar, David Ramos, Sergio Infante e Íker Obeso.
A próxima fin de semana, o Fabril FC Alevín visita ao Sada CF.
O Fabril FC Alevín clasificouse para esta segunda fase após proclamarse campión do subgrupo B da Primeira A Coruña.