RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Traballo físico para o Dépor dividido en grupos nunha mañá de alto ritmo

O Deportivo aumentou esta mañá a carga de traballo cunha primeira parte da sesión dividida en dous grupos. Así, mentres un completaba un circuíto físico con finalizacións; o outro realizaba un exercicio de fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, con porterías pequenas.

Un partido a tres cuartas partes do campo 2 e un torneo a campo pequeno culminaron o traballo sobre o céspede.

Jorge Valín e Diego Aguirre realizaron un adestramento específico, o último deles cos fisioterapeutas unha vez confirmada a súa lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita. Uche está de permiso; e Alberto, Trilli, Noel, Brais Suárez e Yeremay foron esta mañá a representación de #ANOSACANTEIRA.

Nunha semana longa como esta, previa ao encontro do domingo 29 de agosto ante o RC Celta B (21:30, Footters), os técnicos branquiazuis decidiron romper mañá xoves a rutina e o ritmo de traballo; e trasladaron a sesión á tarde, a partir das 19:00 horas, tamén na Cidade Deportiva.