RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Traballo táctico e balón parado para Os Nosos "tentando dosificar as cargas" para que "cando empece a rodar o balón o domingo todo o mundo estea ao 100%"

O Dépor completou unha nova sesión de adestramento este venres 13 de febreiro no Dépor Training Center "tentando dosificar as cargas a xogadores con máis minutos, a xogadores con molestias".

Antonio Hidalgo ve normal estes problemas físicos porque "vai avanzando a competición" aínda que asegura que "puidemos recuperar a todo o mundo" de cara ao encontro deste domingo 15 de febreiro ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) no Estadio SkyFi Castalia ante o CD Castellón. 

No grupo está Stoichkov, que foi baixa a pasada fin de semana ante o Albacete Balompié en ABANCA-RIAZOR. "Xa dixen o outro día que foi por precaución. Fixo toda a semana normal. Non creo que teña ningún problema para poder estar o domingo", apuntou o preparador deportivista.

Insiste en que estas molestias "son normais nunha temporada segundo vai avanzando a competición" e insiste en que durante a semana "podemos dosificar as cargas, tentando que esas molestias vaian a menos".

Lembra Antonio Hidalgo que o obxectivo é que "cando empece a rodar o balón o domingo todo o mundo estea ao 100%".

O corpo técnico dispuxo, após unha activación con roldo no centro do campo, un exercicio táctico e un ensaio de accións a balón parado.

Este sábado 14 de febreiro o Dépor adianta o seu horario de adestramento, que será ás 10:00 en lugar da as 10:30; e viaxar a Castellón á primeira hora da tarde nun voo directo desde o Aeroporto da Coruña.