RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Traballo táctico e intensidade, no momento de demostrar porqué somos un grupo tan forte

O Deportivo completou esta mañá unha nova sesión de traballo en Abegondo de cara ao partido deste sábado 23 de setembro en ABANCA-RIAZOR ante a UE Cornellà (20:00 horas, FEF TV), correspondente á 5ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Yeremay, Ximo Navarro e o canteirán David Mella están con adestramento personalizado; e Iván Barbero xa está de alta hospitalaria no seu domicilio após ser intervido cirurxicamente onte para reparar o menisco interno do seu xeonllo esquerdo lesionado o pasado sábado en Salamanca.

Jose Ángel, en rolda de prensa, admitiu que o equipo neste principio de liga está "a ter un pouquiño de mala sorte. Non é normal tampouco ter tantos xogadores lesionados ou non dispoñibles a estas alturas", tamén en alusión a Lucas, que cumprirá o sábado o seu segundo e último partido de sanción.

O veterano centrocampista branquiazul sostén non obstante que "para iso temos un cadro amplo e competitivo. Agora que faltan xogadores e que faltan compañeiros será o momento de dar un paso á fronte e de demostrar tamén porqué somos un grupo tan forte".

Imanol Idiakez, no adestramento máis duro da semana, combinou traballo táctico, cun partido a tres cuartas partes de campo; con intensidade a través dunha tarefa de ataque e defensa moi esixente desde o punto de vista físico.

Martín Ochoa, Diego Gómez, Jairo, Mati Castillo e Puerto foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas, con almorzo previo ás 10:30 e comida posterior tamén na instalación branquiazul.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK