Traballo táctico esta mañá para o Dépor, que fai moitísimas cousas ben, pero sabemos que temos moitas cousas que mellorar
O Dépor rebaixou esta mañá a intensidade física do adestramento pero mantivo unha alta carga táctica a 2 días de visitar ao CF Fuenlabrada, este domingo 1 de outubro ás 12:00 no Estadio Fernando Torres (FEF TV).
En rolda de prensa, Imanol Idiakez lembrou este mediodía que "isto non fixo máis nada que empezar. O equipo fai moitísimas cousas ben, sabemos perfectamente que temos moitísimas cousas que mellorar, pero tamén un camiño por diante moi longo para poder facelo".
Despois dun quecemento cun xogo de posesión en espazo reducido, o corpo técnico branquiazul dispuxo hoxe unha tarefa de finalizacións e a continuación un repaso de accións a balón parado.
Con Yeremay, Ximo Navarro e Barbero á marxe do grupo, Mella, Jairo, Martín Ochoa e Álvaro Santamaría foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.
O técnico deportivista asegurou sobre as ausencias que "sempre escampa despois da tormenta. Tivemos moi mala sorte. En dúas semanas perdemos a Yeremay, Mella, Lucas e Barbero. Iso faille dano a calquera equipo".
Do talentoso atacante canario dixo que "está cerquita, vendo xa a luz" pero lamentouse de que o caso de Barbero "vai un pouco para máis".
Mañá sábado, o Dépor adiante o seu horario habitual de adestramento. Será ás 10:00 en lugar da as 10:30 para, ao concluír, partir de viaxe por estrada a Alcorcón, cuartel xeral branquiazul a fin de semana en Madrid.