RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Tres sesións de adestramento en Abegondo para o Dépor antes de recibir ao Granada CF en ABANCA-RIAZOR

O Dépor, hoxe con xornada de descanso, completará 3 sesións de traballo matinais en Abegondo antes de recibir ao Granada CF este sábado 17 de maio ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 40ª xornada (antepenúltima) en LaLiga Hypermotion.

Os resultados da última xornada, coa derrota en El Molinón, deixaron a Os Nosos na 12ª posición con 53 puntos.

Cada día que haxa actividade o cadro almorza e come na propia instalación deportivista.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 14 de maio
11:00 h.

Xoves 15 de maio
11:00 h.

Venres 16 de maio
11:00 h.

Sábado 17 de maio
16:15: Deportivo - Granada CF, en ABANCA-RIAZOR