RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Tres sesións de traballo en Abegondo e unha última en Córdoba para Os Nosos antes do choque do venres no Novo Arcángel

O Dépor, con 4 puntos no seu marcador e instalado na zona media da táboa, realizará 3 sesións de traballo matinais en Abegondo e 1 vespertina na Cidade Deportiva do Córdoba CF previa ao partido no Nuevo Arcángel previsto para este venres 13 de setembro ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos).

Como cada día na Cidade Deportiva, os futbolistas almorzarán xa na instalación branquiazul a partir das 8:30 antes de arrincar no céspede ás 11:00.

En rolda de prensa onte en Granada, Imanol Idiakez mostrouse "contento pola capacidade de aprendizaxe dos futbolistas, pola capacidade de adaptación. Iso fala da súa intelixencia".

O técnico deportivista está contento porque "Mario (Soriano), Mella, Villares, Yeremay... poidan xogar en diferentes posicións e sobre todo interpretar ben o xogo".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 9 de setembro
11:00 h., Abegondo

Martes 10 de setembro
11:00 h., Abegondo

Mércores 11 de setembro
11:00 h., Abegondo

Xoves 12 de setembro
19:00 h., Cidade Deportiva de Córdoba CF

Venres 13 de setembro
20:30: Córdoba CF - Deportivo, no Nuevo Arcángel