RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Tres sesións esta semana no Dépor para, de aquí ao final de liga, "sacar os máximos puntos posibles"

O Dépor, con dous días de descanso após a goleada en ABANCA-RIAZOR ao Albacete Balompié, regresa este mércores 7 de maio aos adestramentos en Abegondo co obxectivo nestas 4 xornadas que restan de "sacar os máximos puntos posibles", tal e como apuntou Alex Petxarroman na zona mixta o pasado domingo.

Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos na 10ª posición da táboa de LaLiga Hypermotion con 53 puntos.

Cre o lateral deportivista que, aínda que alcanzar o play off de ascenso a LaLiga EA Sports "é complicado (a UD Almería, 6º, ten 62 puntos), matematicamente é posible e do mesmo xeito que até hoxe (por onte) o descenso era unha posibilidade, o play off segue sendo unha posibilidade e hai que pelexar todos os partidos para sacar os máximos puntos posibles, e que o milagre salga". 

De cara ao encontro deste sábado 10 de maio ás 16:15 en El Molinón (LaLiga TV Hypermotion) ante o Sporting de Gijón, o corpo técnico deportivista dispuxo esta semana de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo que arrincarán no céspede ás 11:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 7 de maio
11:00 h.

Xoves 8 de maio
11:00 h.

Venres 9 de maio
11:00 h.

Sábado 10 de maio
16:15: Sporting de Gijón - Deportivo, en El Molinón