RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres xogadoras do Deportivo ABANCA, citadas pola selección española sub-20 para varios amigables

Teresa Abelleira, María Méndez e Athenea del Castillo foron convocadas pola selección española sub-20 para disputar unha serie de partidos amigables, incluído ademais un torneo '3 en 1' en categoría sub-19.

O Deportivo ABANCA é un dos clubs que máis xogadoras achega ao combinado nacional, igualado co Athletic Club e o RCD Espanyol; e só superado polo FC Barcelona, con 4 futbolistas.

As deportivistas concentraranse o vindeiro luns 2 de marzo na localidade murciana de San Pedro del Pinatar, tralo choque ligueiro do Deportivo ABANCA en Valdebebas ante o CD Tacón, previsto para o domingo 1 de marzo (12:00 horas).

O calendario de partidos, todos eles o Pinatar Arena Football Center, é o seguinte:

Selección sub-20
Mércores 4 de marzo
ESPAÑA - RUSIA
Venres 6 de marzo
ESPAÑA - RUSIA

Selección sub-19
Domingo 8 de marzo
Torneo 3 en 1
ESPAÑA - ESCOCIA
ESPAÑA - BÉLXICA