RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Última semana da temporada para o Dépor ABANCA, co reto do ascenso á Liga F

O Deportivo ABANCA comeza esta mañá a última semana dunha larguísima temporada que arrancou a mediados do mes de xullo de 2022.

No horizonte das branquiazuis está o reto do ascenso á Liga F, o sábado 10 de maio ás 12:00 (YouTube RC Deportivo e TVG-2) en Abegondo ante o Granada CF.

Para logralo, As Nosas deben gañar o encontro por máis de 2 goles de diferenza ao termo dos 90 minutos ou por 2 ou máis tantos ao finalizar a prórroga, co que igualarían o marcador da ida disputada o pasado sábado no Estadio Nuevo Los Cármenes (2-0) e lograrían o obxectivo sen lanzar penaltis debido á mellor clasificación na liga: terceiras as deportivistas por quintas as granadinas.

Irene Ferreras dispuxo tres adestramentos matinais na Cidade Deportiva, con outra xornada de descanso, a do xoves 8, intercalada.

Antes de saltar ao campo cada día, as futbolistas terán ximnasio e sesión de vídeo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 6 de xuño
10:00 h.

Mércores 7 de xuño
10:00 h.

Xoves 8 de xuño
Descanso

Venres 9 de xuño
10:00 h.

Sábado 10 de xuño
12:00: Deportivo ABANCA - Granada CF, en Abegondo