RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS13 mai 2025

Última semana de competición para o Dépor ABANCA despois de lograr a permanencia de maneira "fantástica"

O Dépor ABANCA arrinca mañá mércores 14 de maio a última semana de competición que concluirá este domingo 18 de maio ás 12:00 no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada ante o Madrid CFF.

Aínda que As Nosas despedíronse da liga en ABANCA-RIAZOR cun empate ante o Sevilla FC, Fran Alonso pensa que "a maneira na que conseguimos a permanencia foi fantástica. Máis de 5.000 persoas que non pararon de apoiarnos é espectacular. Estou moi orgulloso de cada afeccionado que veu aquí, de cada afeccionado ou afeccionada que o viu desde casa. É un día moi especial para o deportivismo".

O conxunto deportivista suma despois de 29 partidos un total de 27 puntos, situado na 14ª posición da Liga F.

O técnico branquiazul fala ante os medios de "un sentimento de moito amor ao grupo, de orgullo. Cando empezamos a traballar xuntas era unha situación moi difícil. Ver os seus sorrisos, ver xogadoras emocionadas é espectacular".

De cara ao último encontro da competición, o corpo técnico dispuxo 4 adestramentos matinais previos na Cidade Deportiva ás 11:00 salvo o do sábado, que será ás 10:00, xusto antes de viaxar a Madrid.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 14 de maio
11:00 h.

Xoves 15 de maio
11:00 h.

Venres 16 de maio
11:00 h.

Sábado 17 de maio
10:00 h.

Domingo 18 de maio
12:00: Madrid CFF - Deportivo ABANCA, no Estadio Fernando Torres (Fuenlabrada)