RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Última semana de traballo do ano para un Dépor ABANCA no máis alto da clasificación

O Dépor ABANCA iniciou esta mañá a última semana de traballo do ano 2023 aínda que xa non hai competicion de liga en Primera Federación Iberdrola.

Os resultados da última xornada, co triunfo deportivista en Tajonar (na foto da noticia), deixaron ás Nosas líderes do campionato con 29 puntos, con 2 puntos de vantaxe sobre o RCD Espanyol, 2º con 27 puntos.

A pesar de que a competición se renova o 7 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (Youtube RC Deportivo) ante o CD Alba Fundación Femenino, Irene Ferreras dispuxo até o venres 22 un total de 5 sesións de traballo matinais entre Abegondo e o campo do Monte.

Cada día arrincará o traballo con ximnasio e charla previa; aínda que a saída ao campo será máis tarde do habitual debido ás baixas temperaturas destes días.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 18 de decembro
10:00 h., Abegondo

Martes 19 de decembro
11:15 h., Abegondo

Mércores 20 de decembro
11:15 h., O Monte

Xoves 21 de decembro
10:30 h., O Monte

Venres 22 de decembro
11:00 h., Abegondo