RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Última sesión en Abegondo do Dépor antes de viaxar mañá martes a Tenerife e decidir alí "cales son os xogadores que están en mellores condicións"

O Dépor, co fabrilista Kevin Sánchez, realizou esta mañá a última sesión de traballo en Abegondo previa ao encontro deste mércores 29 de xaneiro ás 21:00 (hora galega, 20:00 hora local, LaLiga TV Hypermotion) no Heliodoro Rodríguez López ante o CD Tenerife, correspondente á 19ª xornada que foi aprazado o pasado 15 de decembro polo temporal en Canarias.

Mañá martes, Os Nosos adestraranse xa pola tarde a partir das 18:00 (hora local) na Cidade Deportiva do CD Tenerife e "alí decidiremos cales son os xogadores que están en mellores condicións para poder gañar o partido, que realmente é a nosa obrigación: tentar pór o mellor 11 posible para gañar o partido".

Após unha activación cunha roda de pases, o corpo técnico dispuxo dun exercicio de finalizacións como tarefa principal da chuviosa xornada.

Óscar Gilsanz, en rolda de prensa esta mesma mañá, explicou que "traballamos todas as semanas as situacións de profundidade ofensiva en último terzo. Cando chegas ter a claridade para xerar esa finalización, ese disparo, ese remate en mellores condicións. Buscamos mesmo situacións que cremos que se van a dar no partido pola estrutura do rival, pola que imos adoptar, polos xogadores que van estar por fóra que nos poden dar esa profundidade..."

O técnico deportivista afirmou que onte domingo "sobre todo os que xogaron máis minutos estaban moi cansos. Seguramente haberá que esperar ao adestramento que fagamos mañá en Tenerife para ver como están a nivel físico os futbolistas; e aí tomar as decisións oportunas", insistiu.

O Dépor conta con todos os dispoñibles do partido ante o Levante UD e aclarou Óscar Gilsanz que "Charlie Patiño pola gripe segue fóra. Onte non se adestrou e hoxe vai facer unha pequena parte. E segue fóra Escudero".