RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Último ensaio este venres de Os Nosos no Dépor Training Center con Ximo Navarro, Escudero e Bachmann á marxe do grupo

Os Nosos realizaron este venres a última sesión de traballo no Dépor Training Center previa ao encontro deste domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) ante o Córdoba CF no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel.

Este sábado 15 a expedición branquiazul desprazarase á primeira hora da mañá, vía Sevilla, e adestrarase a partir das 18:00 na Cidade Deportiva do Córdoba CF.

Tan só estiveron á marxe Ximo Navarro, Escudero e Daniel Bachmann. "Van evolucionando segundo o previsto. Onte Daniel estivo en campo, Ximo tamén vai facendo algunha cousa, Escu tamén nese proceso que non vai ser inmediato. Aos poucos van restando semanas que cando estás lesionado é o máis importante", manifestou Antonio Hidalgo esta mañá na sala de prensa.

Ademais, o técnico deportivista explicou que onte xoves "Yeremay completou o adestramento sen problemas. Jose Gragera, por precaución, decidimos que só fixese unha parte". 

Por conseguinte, "espera que os dous estean perfectamente para o domingo".

Antonio Hidalgo lembra que "hai que convivir coas molestias. Todos os que xogamos sabemos do que vai e da dificultade que ten cando non estás ao 100%. Jose Gragera dáo todo, sempre está disposto para o que demandemos e estou contento de contar con el".

O gardameta Álex Marqués, Samu e Quique Teijo foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

O corpo técnico dispuxo após unha activación con rondos no campo 3, un ensaio do plan de partido e un repaso ás accións a balón parado no campo 2.