RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Últimos 3 puntos para o Xuvenil B de 2018 logrados en Ourense ante o Pabellón

O Xuvenil B despídese de 2018 cun triunfo en Ourense ante o Pabellón CF (0-1), en partido correspondente á 17ª xornada na liga Nacional. Luque, no minuto 70, foi o autor do único tanto que desequilibrou un igualado partido ao lado branquiazul.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 32 puntos e mantense á espreita da terceira praza.

Xuvenil B: Íker, Roque, Pol, Fito, José Manuel, Pablo Martínez, Novoa, Gonçalo Batista, Do Carmo, Peke e Luque. Tamén xogaron: Portas, Mario e Landeira.

A competición ligueira para por Nadal e renóvase a mediados de xaneiro, co Orillamar SD como próximo rival do Xuvenil B.

A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:

Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1
Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito)
Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0
ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke)
Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1
Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque)
Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0
Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario)
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Pol, Novoa e Luque)
Xuvenil B 1 (Portas) - CD Calasanz 3
Rápido de Bouzas 0 - Xuvenil B 1 (Novoa)
Xuvenil B 6 (Añón, Mario, Juanma -3- e Luque) - CD Lérez 1
CD Areosa 2 - Xuvenil B 1 (Luque)
Xuvenil B 4 (Juanma, Peke, Mario e Do Carmo) - Racing Villalbés 0
UD Santa Mariña 1 - Xuvenil B 1 (Luque)
Xuvenil B 1 (Mario) - CD Conxo Santiago 2
Pabellón Ourense CF 0 - Xuvenil B 1 (Luque)