RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Últimos días para a inscrición nos cursos de Técnico Deportivo en Fútbol do RC Deportivo

Coa aprobación da Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional, estas datas son as últimas para a inscrición nos Cursos de Técnico Deportivo en Fútbol organizado polo CADF (Centro Autorizado de Fútbol) do Real Club Deportivo de cara ao curso 2024-2025.

As probas de acceso ao Nivel I e as probas de madurez contan cos seguintes prazos de presentación:

- Para a proba sustitutiva do requisito de titulación da ESO: 26 de xuño
- Para a proba sustitutiva do requisito de titulación de Bacharelato: 20 de maio
- Para as probas deportivas específicas de acceso: 26 de xuño

A información e documentación completa do Curso de Técnico Deportivo en Fútbol do RC Deportivo pode consultarse nesta ligazón.

Como cada temporada, pódense cursar tres niveles: I e II, o de técnico deportivo en fútbol, e o III, o de técnico deportivo superior en fútbol. 

O exercicio 2024-2025 será o décimo noveno curso desta escola de Técnicos de Fútbol que o Real Club Deportivo imparte como Centro de Formación autorizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Orde 20 de Xullo de 2.005 (DOG 2/08/2.005), que conta cun convenio de colaboración coa UDC.

Para consultas e entrega de documentación, os interesados poden contactar no mail dcs@rcdeportivo.es ou no teléfono 689 618 558.