RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA 5 partidos invicto e "en boa dinámica" retoma a liga mañá domingo fronte ao RCD Espanyol

O Dépor ABANCA retoma a competición mañá domingo 2 de marzo ás 12:00 (Dazn, Gol Play, TVG e 3CAT) ante o RCD Espanyol en partido correspondente á 20ª xornada na Liga F.

As Nosas, co empate sen goles (0-0) do último partido en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético de Madrid e após 5 partidos invicto suman 20 puntos na 12ª posición.

"A situación na táboa fai que se cadra algunhas xogadoras non se poñan tan nerviosas en executar acciónelas pero a presión metémosnola nós", declarou Fran Alonso en rolda de prensa.

Ve ao grupo "con moita ilusión, desexando que chegue o domingo e probarnos. Vimos en moi boa dinámica, con moita confianza".

Despois dunha semana de parón polos partidos de seleccións, o técnico deportivista asegura que as internacionais "volveron sen ningunha incidencia dos compromisos de seleccións", caso de Ainhoa Marín, Olaya Enrique, Francisca Lara, Patrícia Hmírová e Inês Pereira.

Esta circunstancia, lonxe de incomodar, provoca no corpo técnico alegría por "ter calidade no cadro e moitas xogadoras que se van fóra a representar aos seus países".

Advirte iso si que por exemplo Pancha Lara, que xogou dous amigables ante Arxentina en Chile, "ten jet lag. Onte (polo xoves) non adestrou e hoxe (polo venres) xa realizará toda a sesión".

Fran Alonso subliñou finalmente que Henar está con traballo específico pero Marina Artero xa se adestra con normalidade.

Pola súa banda, o RCD Espanyol, que no último partido perdeu (2-1) co Granada CF, ten 18 puntos na 14ª posición.

Na primeira volta disputada en ABANCA-RIAZOR o pasado 17 de novembro (10ª xornada) venceron as espanyolistas (0-1) con gol de Ainhoa Campo no minuto 38.

Na Cidade Deportiva Dani Jarque esta temporada o RCD Espanyol gañou á SD Eibar (2-1), Granada CF (1-0) e Valencia Féminas CF (1-0); empatou co UD Costa Adeje Tenerife Egatesa (0-0), Atlético de Madrid (0-0) e Sevilla FC (0-0); e perdeu co Real Madrid CF (0-5), Athletic Club (1-2) e FC Barcelona (0-2). 

Consciente do que se xoga o seu equipo a súa adestradora, Sara Monforte, considera "moi importante para nós que a Cidade Deportiva Dani Jarque esté chea".

Vaticina un partido "máis de ti a ti. Vannos a dar o balón nalgúns momentos e aí temos que xerar cousas nós".

O Dépor ABANCA adestrouse esta mañá no campo 5 de Abegondo. Concluída esta última sesión, o equipo partiu a Barcelona vía Asturias con esta folla de ruta:

Sábado 1 de marzo
9:00: Adestramento en Abegondo
11:15: Saída en autocar rumbo ao Aeroporto de Asturias
15:10: Saída do voo do Aeroporto de Asturias con destino ao Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona - El Prat
16:40 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona - El Prat e traslado ao hotel
17:45: Chegada ao hotel Eurostars Don Cándido en Terrassa

Domingo 2 de marzo
12:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA na Cidade Deportiva Dani Jarque
Ao concluír, comida no hotel
20:35: Saída do voo do Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona - El Prat con destino ao Aeroporto da Coruña
22:05 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña